A Xunta salienta o respaldo que a Lei de Impulso Demográfico supón para o retorno como piar da atracción de nova poboación a Galicia

A conselleira de Política Social, Fabiola García, e o secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, valoraron positivamente a efectividade das medidas da Estratexia Galicia Retorna orientadas á integración das familias galegas que regresan á comunidade.

A conselleira de Política Social e o secretario xeral da Emigración, durante a reunión celebrada hoxe na capital de Galicia
A conselleira de Política Social e o secretario xeral da Emigración, durante a reunión celebrada hoxe na capital de Galicia
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 10 de febreiro de 2021.

A conselleira de Política Social, Fabiola García, e o secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, salientaron hoxe o respaldo que a Lei de Impulso Demográfico, aprobada a finais de xaneiro polo Parlamento de Galicia, supón para as iniciativas que fomentan o retorno como un dos piares fundamentais da atracción e fixación de nova poboación en Galicia. Ambos representantes do Goberno galego mantiveron esta mañá unha reunión en San Caetano, na que valoraron positivamente a efectividade das medidas incluídas na Estratexia Galicia Retorna destinadas a lograr a integración das familias galegas que regresan á comunidade. 

A elevación destas medidas a rango de lei blinda o apoio que o Executivo autonómico presta ás iniciativas que buscan contribuír a superar o reto demográfico con propostas de fomento da natalidade, conciliación, equilibrio territorial ou envellecemento activo, entre outros eixos. O retorno dos galegos e galegas residentes no exterior, así como a chegada da nova poboación vencellada a estas familias constitúe, neste sentido, un dos puntos clave que atopan unha resposta pioneira na Administración galega a través da Lei de impulso demográfico ou a Estratexia Galicia Retorna. 

657 lecturas