A Xunta implica á mocidade galega do exterior na conservación do patrimonio natural e cultural a través de Conecta co Voluntariado en Galicia
O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, destacou que "participar neste programa significa contribuír activamente á protección de Galicia e fortalecer o vínculo coa terra a través do compromiso e da solidariedade".
Promovido pola Secretaría Xeral da Emigración en colaboración coa Dirección Xeral de Xuventude e a Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, Conecta co Voluntariado en Galicia ofrece nesta edición 50 prazas para mozas e mozos.
A iniciativa combina o reencontro coas raíces coa realización de accións de voluntariado ambiental e de conservación do patrimonio, fomentando valores como a participación, a sustentabilidade e o compromiso coa comunidade.
A Xunta implica á mocidade galega do exterior na conservación do patrimonio natural e cultural a través de Conecta co Voluntariado en Galicia.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, acompañado polo alcalde de Vilanova de Arousa, Gonzalo Durán, visitou hoxe á mocidade participante no campamento ambiental das Sinas, dentro do programa Conecta co Voluntariado en Galicia. Alí puido comprobar como preto de 20 mozas e mozos -procedentes da Arxentina, O Brasil, Cuba, O Uruguai e Venezuela- realizaron labores de limpeza na praia e no mar, contribuíndo así á mellora e conservación da ría de Arousa.
Rodríguez Miranda puxo en valor a importancia deste voluntariado e fixo fincapé en que é “unha maneira de coidar Galicia e, ao tempo, de proxectar a súa cultura e valores máis alá das nosas fronteiras”.
O programa Conecta co Voluntariado, impulsado pola Secretaría Xeral da Emigración en colaboración coa Dirección Xeral da Xuventude e a Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, ofrece nesta edición 50 prazas -40 para galegos do exterior e 10 para residentes en Galicia- en dúas modalidades: este campo de voluntariado ambiental da ría de Arousa e outro cultural no castro de Viladonga, no concello lucense de Castro de Rei.
A iniciativa, que se desenvolve entre o 23 de xullo e o 3 de agosto, busca favorecer o reencontro da mocidade galega da diáspora coa súa terra de orixe, a través da participación en actividades sociais, ambientais e culturais, ao tempo que promove a convivencia coa mocidade residente en Galicia.
Novas relacionadas