A Xunta recorda que o próximo martes, día 3 de outubro, remata o prazo para que a mocidade galega do exterior solicite as bolsas Retorna Talento FP

O prazo de solicitude das bolsas de FP Retorna Talento estará aberto ata o 3 de outubro
O prazo de solicitude das bolsas de FP Retorna Talento estará aberto ata o 3 de outubro
Bolsas Retorna Talento FP
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 30 de setembro de 2023.

A Xunta de Galicia recorda que o martes, día 3 de outubro, remata o prazo para que a mocidade do exterior poida solicitar algunha das 108 bolsas Retorna Talento FP co fin de realizar estudos de Formación Profesional que lles permitan mellorar a súa cualificación e volver á súa terra de orixe. Por primeira vez ofértanse neste marco prazas en ciclos de FP Dual, coa colaboración de 25 empresas, unha modalidade que favorece a inserción laboral das e dos titulados.

Os trámites deberán facerse a través da aplicación informática Ciclosadmisión. Os requirimentos poden consultarse no Diario Oficial de Galicia e son, con carácter xeral, non ter gozado destas bolsas en convocatorias anteriores, ser residente no estranxeiro e ter nacionalidade española, ter menos de 40 anos e ter algunha relación de orixe ou consanguinidade con Galicia. A convocatoria divídese en dúas categorías, en función do tipo de estudos que se ofertan. 

Modalidade A: 48 bolsas para estudar Programas específicos básicos de FP (bolsa de 6.500€ por alumno/a):

Concello Centro Programa formativo de formación específica básica
A Coruña CIFP Someso Albanelaría e fontanería
Culleredo CIFP Universidade Laboral Fontanería, calefacción, electricidade e telecomunicacións en edificios 
Ferrol CIFP Ferrolterra Fontanería, calefacción, electricidade e telecomunicacións en edificios

 

Modalidade B: 60 prazas para cursar cinco ciclos de Formación Profesional Dual (bolsa de 10.800€ por estudante):

Concello Centro Ciclo de FP Dual
Ferrol CIFP Ferrolterra Ciclo superior de Deseño e amoblamento 
A Coruña CIFP Someso Ciclo superior de Proxectos de edificación
Culleredo CIFP Universidade Laboral Ciclo superior de Desenvolvemento de proxectos de instalacións térmicas e de fluídos 
Vilamarín CIFP de Vilamarín Ciclo superior de Xestión de aloxamentos turísticos 
Redondela IES de Chapela Ciclo medio de Atención a persoas en situación de dependencia

 

166 lecturas