A Xunta reafirma o apoio á comunidade galega retornada salientando que este ano se superarán as 1.340 axudas extraordinarias concedidas en 2025

O secretario xeral da Emigración participou hoxe en Caldas de Reis na inauguración da nova sede da Asociación de Emigrantes Retornados do Ulla-Umia (AERU).

Antonio Rodríguez Miranda lembrou que o 30 de setembro remata o prazo de solicitude tanto das axudas extraordinarias como das dirixidas ao autoemprego por parte de persoas retornadas, das que se concederon en 2025 un total de 145 achegas.

  • A Xunta reafirma o apoio á comunidade galega retornada salientando que este ano se superarán as 1.340 axudas extraordinarias concedidas en 2025.
    A Xunta reafirma o apoio á comunidade galega retornada salientando que este ano se superarán as 1.340 axudas extraordinarias concedidas en 2025.

Listen to this page using ReadSpeaker
Caldas de Reis (Pontevedra), 9 de setembro de 2026.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, reafirmou o apoio da Xunta á comunidade galega retornada co gallo de axudar a sufragar os gastos derivados do seu regreso a Galicia. Así o dixo esta mañá na inauguración da nova sede da Asociación de Emigrantes Retornados do Ulla-Umia (AERU), en Caldas de Reis.

Na súa intervención, Miranda recordou que en 2025 concedéronse en Galicia 1.340 axudas extraordinarias, cun orzamento de case 4M€. Unhas cifras que este ano, segundo resaltou, se van superar. En palabras do secretario xeral, isto revela o interese do Goberno galego no só en animar ao retorno, senón en axudar a ter os medios necesarios para que se realice nas mellores condicións.

Estas achegas súmanse a outras como as dirixidas a impulsar o autoemprego e a actividade emprendedora por parte das persoas retornadas. En 2025, segundo afirmou, concedéronse 145, cun importe de 1.171.000 euros. O representante autonómico engadiu que o prazo para solicitar as axudas de ambas convocatorias remata o 30 de setembro.

En relación á nova sede da AERU, Rodríguez Miranda manifestou o seu desexo de que sirva para dar un novo pulo á asociación, no que ten que ver coa atención a todas as persoas retornadas da provincia de Pontevedra. Nese senso, recordou que a Secretaría Xeral da Emigración vén colaborando cada ano, desde 2016, coa entidade para o mantemento dunha oficina de información.
 
269 lecturas