A Xunta presenta na Embaixada de España en Bos Aires o programa “Saborea Galicia Calidade” para promover a cultura sendo a música de artistas galegos internacionais o gran referente
O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, e o embaixador de España na Arxentina, Joaquín de Arístegui Laborde, encabezaron o acto institucional co que se presentou a programación especial que terá lugar o próximo mes en Bos Aires, cos concertos de Baiuca o día 10 de outubro, ás 21:00h no Groove, e de Luz Casal o día 12 de outubro, ás 19:00h no Centro Cultural-Palacio Libertad, ademais de iniciativas gastronómicas e encontros coa colectividade galega.
Miranda e o embaixador indicaron que haberá unha recepción na Embaixada o 10 de outubro, coincidindo coa celebración do Día Nacional de España, na que Galicia será comunidade autónoma convidada de honra e a que asistirán máis de 1.000 invitados.
O acto contou tamén, coa presenza do delegado da Xunta en Bos Aires, Alejandro López Dobarro e da directora do Centro Cultural-Palacio Libertad, Valeria Ambrosio.
O programa inclúe unha parte adicada á promoción dos produtos galegos dirixido o ámbito profesional.
A Xunta presenta na Embaixada de España en Bos Aires o programa “Saborea Galicia Calidade” para promover a cultura sendo a música de artistas galegos internacionais o gran referente
A Xunta presenta na Embaixada de España en Bos Aires o programa “Saborea Galicia Calidade” para promover a cultura sendo a música de artistas galegos internacionais o gran referente
A Xunta presenta na Embaixada de España en Bos Aires o programa “Saborea Galicia Calidade” para promover a cultura sendo a música de artistas galegos internacionais o gran referente
A Xunta presenta na Embaixada de España en Bos Aires o programa “Saborea Galicia Calidade” para promover a cultura sendo a música de artistas galegos internacionais o gran referente
A Xunta presenta na Embaixada de España en Bos Aires o programa “Saborea Galicia Calidade” para promover a cultura sendo a música de artistas galegos internacionais o gran referente
A Xunta presenta na Embaixada de España en Bos Aires o programa “Saborea Galicia Calidade” para promover a cultura sendo a música de artistas galegos internacionais o gran referente
A Embaixada de España na Arxentina acolleu este xoves a presentación da programación “Saborea Galicia Calidade”, unha ambiciosa proposta cultural, gastronómica e institucional impulsada pola Xunta de Galicia, con motivo do Día Nacional de España e co nomeamento de Galicia como comunidade autónoma convidada de honra.
O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, participou na rolda de prensa celebrada na sede diplomática, nun acto que tamén contou coa intervención do embaixador de España, Joaquín de Arístegui Laborde, e a presenza do Delegado da Xunta en Bos Aires, Alejandro López Dobarro, xunto coa directora do Centro Cultural-Palacio Libertad, Valeria Ambrosio.
Durante a súa intervención, Miranda destacou que esta iniciativa supón “unha oportunidade para reivindicar a Galicia universal, orgullosa das súas raíces, e que dialoga co mundo a través da súa cultura, en especial da súa música, da súa cociña e da súa xente”.
No marco deste programa, a capital arxentina acollerá, entre outros moitos actos, os concertos de Baiuca o día 10 de outubro no Groove ás 21:00h, e de Luz Casal o día 12 de outubro no Centro Cultural-Palacio Libertad ás 21:00h, así como catas comentadas de viños e produtos galegos, ou catas e encontros profesionais co obxectivo de promover os produtos da terra.
Esta programación estenderase tamén a Montevideo.
Novas relacionadas



