A Xunta levará no mes de outubro a Bos Aires os concertos de Luz Casal e Baiuca no marco do programa 'Saborea Galicia Calidade’

O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración participou en Santiago na presentación da programación musical que se desenvolverá o próximo mes na Arxentina.

Ambas actuacións formarán parte dunha iniciativa máis ampla de actividades arredor de Galicia na capital arxentina, que incluirá cultura, gastronomía, catas e outras propostas que se irán detallando proximamente.

O obxectivo é ofrecer unha programación completa que amose a diversidade e a riqueza da comunidade con motivo da celebración da festividade nacional española, na que Galicia será rexión convidada de honra pola Embaixada de España.

José González agradeceu a participación de ambos artistas e destacou que a presenza galega en Bos Aires constitúe unha oportunidade para fortalecer a proxección internacional da Galicia actual nun dos escenarios máis significativos da diáspora.

Unha vez máis, as accións estenderanse tamén á cidade de Montevideo, no Uruguai, co obxectivo de consolidar a proxección internacional de Galicia e impulsar oportunidades de colaboración económica e cultural.

  • A Xunta levará no mes de outubro a Bos Aires os concertos de Luz Casal e Baiuca no marco do programa 'Saborea Galicia Calidade’
    A Xunta levará no mes de outubro a Bos Aires os concertos de Luz Casal e Baiuca no marco do programa 'Saborea Galicia Calidade’
  • A Xunta levará no mes de outubro a Bos Aires os concertos de Luz Casal e Baiuca no marco do programa 'Saborea Galicia Calidade’
    A Xunta levará no mes de outubro a Bos Aires os concertos de Luz Casal e Baiuca no marco do programa 'Saborea Galicia Calidade’
  • A Xunta levará no mes de outubro a Bos Aires os concertos de Luz Casal e Baiuca no marco do programa 'Saborea Galicia Calidade’
    A Xunta levará no mes de outubro a Bos Aires os concertos de Luz Casal e Baiuca no marco do programa 'Saborea Galicia Calidade’
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela (A Coruña), 2 de setembro de 2025.

O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, acompañado polo secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, presentou hoxe en Santiago de Compostela os concertos que se celebrarán o vindeiro mes de outubro en Bos Aires no marco dunha nova edición de Saborea Galicia Calidade. A programación incluirá as actuacións de Baiuca, o día 10 en Groove, e de Luz Casal, o 12 no Palacio Libertad.

Con esta iniciativa, a Xunta de Galicia dá a coñecer parte dun programa máis amplo de actividades sobre Galicia en Bos Aires, que combinará música, gastronomía, catas e outras propostas culturais que se anunciarán nas próximas semanas. O obxectivo é ofrecer unha programación completa que amose a diversidade e a riqueza da comunidade con motivo da celebración da festividade nacional española, na que Galicia será rexión convidada de honra pola Embaixada de España. Asemade, unha vez máis, estas accións de promoción estenderanse tamén a Montevideo, no Uruguai.

O conselleiro agradeceu a participación dos artistas, subliñando a traxectoria de Luz Casal, á que definiu como referente e embaixadora universal galega, e o labor de Baiuca, que leva a tradición musical ás linguaxes máis vangardistas e conecta coas novas xeracións. González destacou que a presenza galega en Bos Aires constitúe unha oportunidade para fortalecer a proxección internacional e a visibilidade da Galicia actual nun dos escenarios máis significativos da diáspora. Neste sentido, sinalou que o programa permite reforzar os lazos culturais coa comunidade no exterior e, ao mesmo tempo, achegarse ao público xeral, colaborando cos nosos produtores na súa presenza internacional e difundindo a imaxe dunha Galicia orgullosa das súas raíces, á vez innovadora e capaz de competir a nivel global.

O titular de Emprego, Comercio e Emigración salientou tamén a dimensión simbólica desta programación como homenaxe ás galegas e galegos que cruzaron o océano levando consigo a esencia da nosa identidade, e puxo en valor o forte vencello emocional que seguen mantendo coa terra de orixe.

Saborea Galicia Calidade

Saborea Galicia Calidade é un evento pioneiro de promoción da gastronomía e dos nosos produtos no exterior, dirixido principalmente a profesionais e medios especializados. Este 2025 celebrarase en Bos Aires e Montevideo, aproveitando a visibilidade do Día Nacional de España para reforzar a presenza dos produtos galegos nos mercados arxentino e uruguaio.

O programa permitirá exhibir a autenticidade dos nosos produtos do mar e do agro, a distinción dos nosos viños e a creatividade dos cociñeiros galegos —certificados na súa maioría co selo Galicia Calidade— que reinterpretan a tradición cunha mirada contemporánea, abrindo novas oportunidades comerciais e consolidando a imaxe de Galicia como referente de excelencia e modernidade.

263 lecturas