A Xunta promociona os viños e os queixos galegos na mostra «Wine and Gourmet Japan»

Economía e Industria promoviu, a través do Centro de Promoción de Negocios (CPN), a penetración dos viños e dos queixos galegos durante a segunda edición da feira internacional Wine and Gourmet que se desenvolveu en Tokio.

Listen to this page using ReadSpeaker

Economía e Industria promoviu, a través do Centro de Promoción de Negocios (CPN) que o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) ten en Xapón, a penetración dos vinos e dos queixos galegos durante a segunda edición da feira internacional Wine and Gourmet que se desenvolveu en Tokio esta semana e donde se deron citan expertos e especialistas do ámbito agroalimentario.

Cinco bodegas galegas participaron nesta mostra para promocionar os seus productos, nun espacio facilitado polo Igape, que prestou ademáis apoio en destino ás empresas galegas participantes para a busca de contactos e preparación de axendas. A bodega Vitinivinícola do Ribeiro presentou os seus caldos Venía Costera y Pazo, ademáis de promover aguardentes e licores de café e herbas baixo a marca Luna. Da Denominación Protegida Terras de Barbanza e Iria participou na feira a bodega Entre los Ríos, co seu albariño Altares. Tamén albariños e baixo a bandeira de Galicia Calidade estivo Bodegas Vilarvín, cos seus viños Valtea e Hinca Garabato; e, do mesmo modo, estiveron presentes nesta mostra xaponesa os caldos Terra do Gargalo, da D.O Monterrei; e Bodegas Ruchel, da D.O Valdeorras, levou a Japón dous viños, un godello e un mencía.

O Igape
O Instituto Galego de Promoción Económica participou nesta Feira cun espazo propio onde, ademáis de desenvolver accións de promoción de Galicia e dos seus productos máis tradicionais, facilitou apoio e asistencia directa ás empresas galegas participantes na búsqueda de contactos e elaboración de axendas orientadas a ampliala penetración dos viños galegos no selectivo mercado xaponés. Coincidindo coa nutrida representación dos viños galegos neste evento, unha empresa xaponesa importadora de queixos galegos fixo promoción e degustación dos productos amparados polas denominacións protexidas de Tetilla, Árzua-Ulloa e San Simón.

Tamén estuveron presentes en Xapón representantes do Consello Regulador da D.O de Rías Baixas para promover os viños desta denominación de orixe. Rías Baixas protagonizou un acto de promoción que consistiu nunha cea degustación de viños galegos maridados con recetas orixinais da cociña xaponesa moderna de fusión. Da organización deste evento, que reuniu a periodistas especializados e importadores e distribuidores de viños, ocupouse tamén o Igape a través do seu CPN en Xapón.

Wine and Gourmet é a primeira feira de Xapón dedicada exclusivamente a viños e bebidas alcohólicas, productos gourmet , confitería, catering e servizos de equipación e suministro de comidas.

2215 lecturas