A Xunta pon en valor a cociña e produtos galegos nunhas xornadas gastronómicas para sectores profesionais en Arxentina

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, e o secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, participaron hoxe na inauguración das xornadas “Obradoiro de Sabores”. 

Previamente, visitaron o Centro Gallego de La Plata, onde comprobaron o labor fundamental que desenvolve esta organización.

  • O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, e o secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, participaron na inauguración das xornadas “Obradoiro de Sabores”
    O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, e o secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, participaron na inauguración das xornadas “Obradoiro de Sabores”

  • Rueda e Miranda visitaron o Centro Gallego de La Plata, onde comprobaron o labor fundamental que desenvolve esta organización
    Rueda e Miranda visitaron o Centro Gallego de La Plata, onde comprobaron o labor fundamental que desenvolve esta organización

Listen to this page using ReadSpeaker
Bos Aires, 9 de outubro de 2017.

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, e o secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, participaron hoxe en Bos Aires na inauguración das xornadas gastronómicas “Obradoiro de sabores”, nas que puxeron en valor a cociña galega, así como os produtos propios da comunidade autónoma.

O evento tivo lugar no Club Español de Bos Aires, e tamén contou coa presenza do presidente do Club Español, José Benito López, e o subdirector xeral de Pesca e Mercados da Pesca da Consellería do Mar, Antonio Rodríguez. As xornadas están dirixidas a sectores profesionais especializados, como empresas de comunicación, grandes supermercados de Arxentina, profesionais da cociña, comercializadoras e membros da Asociación de hoteis restaurantes confiterías e cafés de Bos Aires, que conta con máis de 6.000 persoas asociadas.

Actualmente, Galicia conta con 30 denominacións e calidade, que supoñen unha produción certificada superior aos 350 millóns de euros, con 30.000 produtoras e produtores e 900 industrias implicados. Por iso, o Goberno galego está a apostar por participar en actividades promocionais, como a celebrada hoxe en Bos Aires, para dar a coñecer a calidade da gastronomía e produtos galegos.

Visita ao Centro Gallego de La Plata
Previamente ás xornadas, Rueda e Rodríguez Miranda visitaron o Centro Gallego de la Plata, onde salientaron a capacidade integradora destes centros da diáspora. Ademais de ser un punto de encontro e unión para a colectividade galega, ofrecen servizos no ámbito social, cultural e lúdico, como no caso do Centro Gallego de La Plata, que dispón de diversas actividades desta índole para os seus socios e socias.

Durante a visita, comprobaron o labor que se leva a cabo no Centro, que dende o ano 1949 contribúe a prestixiar a lingua galega cunha biblioteca especializada en libros escritos en galego, que conta con máis de 1.600 volumes. Ademais, tamén organizan reunións sociais e actos científicos; levan a cabo diversas actividades culturais, como a celebración do Día das Letras galegas; ou participan en iniciativas como o ‘Bos Aires Celebra Galicia’, e en múltiples festas e actos relacionados directamente co obxectivo de potenciar a cultura e a lingua galega.

943 lecturas