Rey Varela e Rodríguez Miranda comparten a gran celebración anual das e dos paisanos residentes en Mar del Plata, en cuxo Centro Galego asinaron un acordo para asistencia social e sanitaria no Centro de Día

Tras Bos Aires, Mar del Plata é a segunda localidade en importancia en número de cidadás e cidadáns galegos residentes, de nacemento e de segundas xeracións. 

As instalacións deportivas e de ocio familiar da colectividade galega téñense convertido ao longo da súa historia en referente social na cidade.

  • O Centro Galego está a celebrar o seu 64º aniversario
    O Centro Galego está a celebrar o seu 64º aniversario
  • De esquerda a dereita: Manuel Crespo (presidente do Centro Galego de Mar del Plata; Antonio Rodríguez Miranda (secretario xeral da Emigración); José Manuel Rey Varela (conselleiro de Política Social da Xunta de Galicia); e Alejandro López Dobarro (delegado da Xunta de Galicia en Arxentina e Uruguai)
    De esquerda a dereita: Manuel Crespo (presidente do Centro Galego de Mar del Plata; Antonio Rodríguez Miranda (secretario xeral da Emigración); José Manuel Rey Varela (conselleiro de Política Social da Xunta de Galicia); e Alejandro López Dobarro (delegado da Xunta de Galicia en Arxentina e Uruguai)
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 3 de xullo de 2016.

O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, e mailo secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, visitan hoxe aos socios e socias, e a sede social, do Centro Galego de Mar del Plata, localidade arxentina a 420 quilómetros da capital bonaerense, e segundo núcleo en importancia en número de galegas e galegos residentes na República Arxentina.

Conselleiro e secretario xeral puideron saudalas e saudalos e compartir con eles e elas a xornada festiva, mais antes asinaron un convenio de colaboración, dotado con 25.000 euros, para o funcionamento do Centro de Día, que tamén visitaron os mandatarios, e onde se presta asistencia social e sanitaria ás persoas que, por causa da súa avanzada idade ou situación familiar ou de saúde, requiren dunha atención personalizada por parte do persoal do Centro.

En palabras de Rodríguez Miranda, “a actividade desta colectividade, e moi nomeadamente o seu Centro de Día, demostra como a diáspora galega é exemplar na combinación dos aspectos asistenciais, culturais e lúdicos. Mesmo aquí, en Mar del Plata, na outra punta do Atlántico, respírase Galeguidade ben entendida”, afirmou o secretario xeral da Emigración.

Solidariedade e cultura
O Centro Galego de Mar del Plata, que preside Manuel Crespo, celebra hoxe así mesmo o seu 64 aniversario, con actos sociais e culturais nos que participaron Rey Varela e Rodríguez Miranda, e defínese como “unha entidade social con espírito comunitario”. Nas súas instalacións (tanto no centro da cidade como no complexo deportivo que posúe ás aforas) impártense actividades formativas, culturais e deportivas tan variadas como gaita, pandeireta, percusión, música coral, ximnasia artística, educación física para adultos, ioga, tango, ou danzas tradicionais arxentina e galega, entre outras.

541 lecturas