O presidente de FEVEGA traslada ao secretario xeral da Emigración o intenso labor desenvolvido nas súas oficinas para retornadas e retornados que complementan ás da Xunta de Galicia

  • Antonio Rodríguez Miranda e Manuel Pérez Vidal, durante a reunión
    Antonio Rodríguez Miranda e Manuel Pérez Vidal, durante a reunión
  • Antonio Rodríguez Miranda e Manuel Pérez Vidal, durante a reunión
    Antonio Rodríguez Miranda e Manuel Pérez Vidal, durante a reunión
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 25 de novembro de 2022.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, mantivo unha reunión de traballo con Manuel Pérez Vidal, presidente da Federación de Venezolanos de Galicia (FEVEGA), con quen analizou o balance de actuación das súas oficinas informativas para retornadas e retornados que esta entidade xestiona por toda Galicia en colaboración coa Administración autonómica. 

Estas oficinas veñen a complementar o traballo que se realiza dende a Oficina de Integral de Asesoramento e Seguimento ao Retorno da Xunta de Galicia. Destacan especialmente as itinerantes coas que conta Fevega, que achegan a información sobre diversas cuestións relativas ao retorno a aquelas persoas que as demandan por toda a comunidade autónoma. 

411 lecturas