A Xunta recorda ao PSdG que as oficinas de atención ao inmigrante están financiadas por un fondo estatal destinado á inmigración, e reducido nun 50% polo goberno central

O Fondo para a Integración e Reforzo Educativo dos Inmigrantes viuse recortado nun 50% polo goberno central, repercutindo directamente esta medida sobre as partidas destinadas a gasto social.

A Secretaría de Estado de Inmigración e Emigración xustifica a reducción coma un “axuste presupuestario” nas partidas “onde os datos din hai un descenso na chegada de inmigrantes e unha previsión menor do gasto", apuntaba Consuelo Rumí.

A Xunta de Galicia garantiza, sen embargo, o seu compromiso co mantemento das oficinas de atención ao colectivo, incrementando o seu esforzo orzamentario, ligado a un Plan de Acción da poboación inmigrante.

Listen to this page using ReadSpeaker

A Xunta de Galicia, a través da Secretaría Xeral da Emigración, vese na obriga, unha vez máis, de recordar ao PSdG que as oficinas de atención ao colectivo inmigrante- sitas nas sete grandes cidades galegas –están financiadas polo Fondo para a Integración e Reforzo Educativo dos Inmigrantes do Ministerio de Traballo e Asuntos Sociais; e que se verá recortado nun 50% neste 2010, afectando directamente ás partidas de gasto social que concernen á poboación extracomunitaria.

Neste punto, a Secretaría de Estado de Inmigración e Emigración xustifica que a reducción vén “dun axuste presupuestario” nas partidas “onde os datos din hai un descenso na chegada de inmigrantes e unha previsión menor do gasto"; apuntaba o pasado outubro a secretaria de Estado, Consuelo Rumí.

Pola contra, desde esta Secretaría Xeral da Emigración, consecuentes coas necesidades urxentes de inserción sociolaboral do inmigrante, da súa mellor información e orientación- e fronte ao que non parece prioridade para o estado central- a Xunta de Galicia garantiza o seu compromiso co mantemento das oficinas de atención ao colectivo.

Para elo, farase, por parte do goberno da Comunidade Autonóma, un esforzo orzamentario, ligado ao Plan de Acción destinado á poboación inmigrante, e consecuentemente coa política que defende o executivo de Núñez Feijóo, dunha efectiva contención do gasto público que non incida na calidade da prestación dos servizos sociais, sanitarios e educativos- que o goberno central manifestamente quebranta, ao considerar que esta medida "non afecta ao gasto social directo", segundo declaracións da secretaria de Estado, Consuelo Rumí-.

Así mesmo, desde a Secretaría Xeral da Emigración, insístese en que a decisión última acerca da renovación do persoal adicado á información, orientación e inserción sociolaboral do inmigrante dependerá sempre dos propios concellos, que no canto de esixir erróneamente á Xunta a sinatura inmediata dos convenios polos que se rexen as oficinas, haberían de reclamar ao goberno central o por que na indefinición da cantidade asignada a este fin polo Fondo para a Integración, que conleva a demoras “impropias e nada desexadas” por parte desta Secretaría Xeral da Emigración, na rúbrica dos devanditos acordos de colaboración.

En imaxes
1734 lecturas