A Xunta e a Asociación Hispano-Galega Cabaleiros de Santiago fortalecen a atención social para a diáspora galega en Brasil

Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 10 de xullo de 2024.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, mantivo unha reunión co vipresidente da Asociación Hispano-Galega Cabaleiros de Santiago, en Salvador de Bahía, Francisco Javier Piñeiro Garrido, co obxectivo de analizar a situación actual da entidade e as necesidades da comunidade galega residente no país. Con máis de 50.000 galegos, Brasil é o segundo país do continente americano con maior número de cidadáns galegos, despois de Arxentina. 

Durante o encontro, Miranda e Piñeiro destacaron a importancia da colaboración existente entre a Secretaría Xeral da Emigración e a asociación. O secretario xeral agradeceu a colaboración da asociación na difusión das políticas de retorno e de axuda social da Xunta entre os galegos residentes neste estado brasileiro. A Asociación Hispano-Galega Cabaleiros de Santiago, unha entidade sen ánimo de lucro, conta na actualidade con máis de 300 socios galegos e conta con una oficina de atención social e una gran actividade cultural. 

476 lecturas