A Xunta deu a coñecer no enclave turístico de Punta del Este en Uruguai o Xacobeo e as iniciativas da Secretaría Xeral da Emigración para o retorno das e dos galegos do exterior

Imaxe das xornadas informativas que tiveron lugar a pasada fin de semana
Imaxe das xornadas informativas que tiveron lugar a pasada fin de semana
Galicia en Punta del Este. Camiños de reencontros
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 16 de xaneiro de 2022.

A Delegación da Xunta en Uruguai, a través da Secretaría Xeral da Emigración e a Federación de Sociedades Gallegas del Uruguay, organizaron a pasada semana unha actividade informativa no enclave turístico de Punta del Este co obxectivo de dar a coñecer o Xacobeo 21·22 e as diferentes iniciativas en materia de retorno coas que conta a Administración autonómica para facilitar o regreso dos galegos e galegas do exterior.

Esta actividade permitiu difundir, en plena época alta vacacional no hemisferio Sur, entre as e os visitantes de Punta del Este, moitas e moitos deles arxentinos e brasileiros, os diferentes programas que a Secretaría Xeral da Emigración destina a persoas con nacionalidade española e vínculos con Galicia que residen fóra de España, e en concreto, as Bolsas de Excelencia Mocidade Exterior (BEME), que este ano ofertan 250 bolsas para a realización de másteres nalgunha das tres universidades galegas. Durante esta actividade tamén se informou aos interesados e interesadas sobre a celebración do Ano Santo ao longo dos próximos meses, de xeito que a comunidade galega do exterior volveu ser un dos grandes promotores do Xacobeo no mundo. 

474 lecturas