O DOG publica a concesión das 200 bolsas BEME para galegas e galegos do exterior que realizarán este curso un máster nunha das tres universidades galegas

A listaxe ten en conta as alegacións presentadas e a recepción dos xustificantes da matrícula dos alumnos e alumnas nos diferentes mestrados das tres universidades galegas, establecéndose tamén unha quenda de persoas suplentes para cubrir posibles renuncias ou baixas.

Arxentina, Venezuela, Uruguai, Brasil e Reino Unido son os países cun maior número de persoas beneficiarias, das que 81 cursarán os seus estudos na USC, 77 na Universidade de Vigo e 42 na UDC.

A idade media das e dos beneficiarios das BEME desta edición sitúase nos 29 anos
A idade media das e dos beneficiarios das BEME desta edición sitúase nos 29 anos
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 8 de setembro de 2021.

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a concesión definitiva das 200 Bolsas de Excelencia Xuventude Exterior - BEME que permitirá a mozos e mozas do exterior cursas algún dos másteres que ofertan as tres universidades galegas. 

Trátase dun programa de axudas que ofrece a Secretaría Xeral da Emigración e que suma así a súa quinta edición, na procura de fomentar o retorno da xuventude galega no exterior.

A listaxe que se publica hoxe no DOG ten en conta as alegacións presentadas polos galegos e galegas do exterior que optaron a estas axudas, así como a recepción dos xustificantes da matrícula dos alumnos e alumnas nos diferentes mestrados, establecéndose unha quenda de persoas suplentes para cubrir posibles renuncias ou baixas.

Entre os datos que se desprenden do listado, o maior número de persoas beneficiarias proceden de Arxentina, Venezuela, Uruguai, Brasil e Reino Unido, das que 81 cursarán os seus estudos na USC, 77 na Universidade de Vigo e 42 na UDC.

Cabe destacar tamén a idade media dos beneficiarios e beneficiarias das BEME, que este ano volve, como na edición anterior, a situarse nos 29 anos. 

883 lecturas