A Secretaría Xeral da Emigración convoca a cuarta edición das Bolsas Excelencia Mocidade Exterior, que ofrecen 150 prazas para que as mozas e mozos galegos do exterior fagan un mestrado en Galicia

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicará mañá as bases e requisitos para optar a unha destas bolsas.

O prazo de solicitudes abrirase o venres e permanecerá activo ata o 30 de abril. 

  • Entrega de diplomas ao alumnado beneficiario dunha BEME no curso 2019-2020
    Entrega de diplomas ao alumnado beneficiario dunha BEME no curso 2019-2020
  • Entrega de diplomas ao alumnado beneficiario dunha BEME no curso 2019-2020
    Entrega de diplomas ao alumnado beneficiario dunha BEME no curso 2019-2020
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 4 de marzo de 2020.

A Secretaría Xeral da Emigración convoca unha nova edición das Bolsas Excelencia Mocidade Exterior (BEME), dirixidas ás mozas e mozos galegos do exterior cun título universitario que queiran cursar un mestrado nalgunha das tres universidades galegas. A medida, incluída na Estratexia Retorna 2020, alcanza este ano a súa cuarta edición, e o anuncio, que sairá publicado mañá no Diario Oficial de Galicia (DOG), detallará a información sobre os requisitos e o número de prazas ofertadas nesta nova convocatoria, que ascenderá, ao igual ca o ano pasado, a 150. 

O procedemento de solicitude realízase de xeito integramente telemático, xa que está deseñado para un fácil acceso e manexo desde o estranxeiro. As mozas e mozos galegos do exterior que queiran beneficiarse deste programa de BEME deben ser galegas ou galegos por nacemento ou descendentes por consanguinidade, acreditar un mínimo de dous anos de residencia no exterior, e estar admitida ou admitido na preinscrición dalgún dos mestrados das universidades galegas. A bolsa, cuxo importe é de 7.000 ou 7.650 euros (segundo a persoa beneficiaria proceda de Europa ou do resto do mundo) por curso completo de 60 créditos ECTS, destínase a cubrir os gastos de matrícula, viaxe, aloxamento e manutención na Galicia territorial. Aquelas e aqueles que se matriculen nun curso de maior duración (90 créditos) disporán dun presuposto total de ata 11.475 euros (en función do continente de procedencia do alumno ou alumna).

Remate do prazo 
O prazo de solicitudes desta cuarta convocatoria das BEME rematará o 30 de abril ás 23:59 horas, e o obxectivo derradeiro que persegue a Secretaría Xeral da Emigración en colaboración coas tres universidades galegas é fomentar Galicia como un destino profesional de calidade captador de talento. 

Poderanse consultar as preguntas frecuentes sobre esta convocatoria das BEME a partir de mañá na seguinte ligazón: https://emigracion.xunta.gal/bolsas-excelencia-mocidade-exterior-2020  

En imaxes
1071 lecturas