A Xunta colabora nun proxecto para recuperar a memoria de Ana Kiro, símbolo da galeguidade no mundo
O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, mantivo unha reunión co productor do filme, Xavier Font, da produtora Zuzú Cinema, e María Yáñez, directora da película, para coñecer os avances dunha longametraxe documental para cine no que están a traballar arredor da figura de Ana Kiro, icono da música galega e referente da nosa cultura tanto dentro como fóra de Galicia. Durante o encontro, abordáronse as posibles vías de colaboración co obxectivo de poñer en valor a traxectoria e o legado desta artista, especialmente no eido da emigración.
A Secretaría Xeral da Emigración sumará os seus esforzos a esta iniciativa, convencida da importancia de preservar e difundir a memoria colectiva a través da cultura. Nos vindeiros días, farase un chamamento á colaboración de toda a cidadanía galega, especialmente os galegos do exterior, para que participen activamente neste proxecto que aspira a ser unha homenaxe colectiva á voz e á alma de Galicia no mundo.
Novas relacionadas
 
             
           
               
  		    



