A Xunta asegura que está garantida a asistencia sanitaria ás persoas emigrantes que retornan

En resposta a unha pregunta parlamentaria.

Listen to this page using ReadSpeaker
Vigo, 2 de setembro de 2014.

A Xunta de Galicia, en resposta a unha pregunta do deputado do PPdeG Miguel Santalices, asegurou que "todos os españois e residentes legais teñen garantido o acceso a asistencia sanitaria como asegurados mentres residan en España, ou, se tivesen saído ao estranxeiro, ao seu regreso".

Santalices interesouse no Parlamento galego sobre o contido da normativa vixente respecto da asistencia sanitaria a emigrantes españois e españolas e a Consellería de Sanidade aclaroulle que "os españois que traballen no estranxeiro teñen que ter a sanidade cuberta polos sistemas sanitarios dos países onde traballan e cando volven residir en España teñen garantida a cobertura de asistencia sanitaria".

 

Fonte: España Exterior

1017 lecturas