A Xunta coñece de primeira man o labor de asistencia sanitaria levado a cabo no Hospital Español de Río de Xaneiro
A Sociedade Espanhola de Beneficiencia puxo en marcha o Hospital Español no ano 1928.
O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, e o secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, coñeceron esta mañá de primeira man o Hospital Espanhol de Río de Xaneiro, que presta asistencia sanitaria de maneira gratuíta ás e aos residentes sen recursos.
A Sociedade Espanhola de Beneficiencia puxo en marcha o Hospital Español no ano 1928, e conta con axudas do Goberno galego para levar a cabo axuda sanitaria aos españois e españolas residentes en Río de Xaneiro, en especial das persoas sen recursos económicos.
Reunión co cónsul de España en Brasil
Durante a xornada de hoxe, Rueda e Rodríguez Miranda mantiveron tamén unha xuntanza co cónsul xeral de España en Río de Janeiro, Luis Prados. Durante o encontro, o vicepresidente e o titular de Emigración interesáronse pola situación da colectividade e das institucións españolas, e nomeadamente as galegas, de Rio de Xaneiro. Os representantes do Goberno galego expuxeron, así mesmo, as liñas básicas da Estratexia Retorna 2020, o primeiro plan de repatriación de Galicia, aprobado o pasado 12 de abril e que recolle máis de medio cento de medidas para fomentar o regreso á comunidade das galegas e os galegos do exterior.
O documento, que conta cun investimento de máis de 235 millóns de euros de todos os departamentos da Xunta de Galicia, ten unha especial incidencia no Brasil, o segundo país do mundo con máis poboación galega e o terceiro do que máis cidadás e cidadáns galegos retornaron en 2017, 338, só precedido por Venezuela e Suíza.
Novas relacionadas





