Feijóo destaca que a tarxeta sanitaria para a emigración é unha garantía real do dereito a unha asistencia sanitaria universal para todolos galegos

Alberto Núñez Feijóo visitou hoxe a Real Sociedade Espanhola de Beneficencia-Hospital Espanhol de Salvador de Bahía, onde asinou no Libro de Honra e inaugurou o novo auditorio “Galicia 2010”.

Subliña que esta medida “dá cumprimento a un compromiso electoral” que defende a aprobación, por primeira vez, dunha tarxeta sanitaria para todos os emigrantes que volten a Galicia de forma definitiva ou de forma provisional, para que teñan o mesmo trato nos hospitais e centros de saúde do SERGAS.

Apunta que as tarxetas sanitarias, cun período de validez de seis meses e renovables en función da estadía en Galicia, estarán a disposición de todos os emigrantes que queiran solicitala nas distintas oficinas da Xunta de Galicia e nos centros galegos.

“Pensamos que así é como se deben de facer as cousas a pesar da situación de crise económica na que estamos a vivir, que supón limitacións e restricións económicas e orzamentarias”, dixo o presidente, para resaltar un compromiso de Goberno: “Estamos comprometidos coa Sanidade e estamos investindo nela”.

Listen to this page using ReadSpeaker
6 de decembro de 2009.

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo manifestou hoxe que a tarxeta sanitaria é “unha garantía real” do dereito a unha asistencia sanitaria universal para todos os galegos. O mandatario galego, que esta mañá visitou a Real Sociedade Espanhola de Beneficencia-Hospital Espanhol de Salvador de Bahía, referiuse así á decisión do Consello da Xunta celebrado o pasado xoves de modificar o decreto que regula a tarxeta sanitaria para que dea cobertura aos galegos que residan no estranxeiro e realicen estancias temporais na nosa comunidade.Feijóo explicou que esta medida “dá cumprimento a un compromiso electoral” que defende a aprobación, por primeira vez, dunha tarxeta sanitaria para todos os emigrantes que volten a Galicia de forma definitiva ou de forma provisional, para que teñan o mesmo trato nos hospitais e centros de saúde do Servizo Galego de Saúde.

Esta tarxeta sanitaria da sanidade exterior, abondou, cumpre dous obxectivos: o primeiro –“e o máis importante”- establecer unha “garantía real de dereitos a unha asistencia sanitaria universal que é a dun Sistema Nacional de Saúde para todos os galegos, residan onde residan”; e, en segundo lugar, “cumprir un compromiso electoral asumido e votado nas urnas o 1 de marzo”.

“Pensamos que así é como se deben de facer as cousas e, por iso, estamos a facelas a pesar da situación de crise económica na que estamos a vivir, que supón limitacións e restricións económicas e orzamentarias”, dixo o presidente, para resaltar un compromiso de Goberno: “Estamos comprometidos coa Sanidade e estamos investindo nela”.

Segundo explicou, a tarxeta sanitaria estará a disposición de todos os emigrantes que queiran solicitala nas distintas oficinas da Xunta de Galicia e nos centros galegos. Ten un período de validez de medio ano e é renovable en función da estadía do emigrante en Galicia.

“Teñen dereito a ela todos os galegos e facturaremos aos servizos de sáude das nacións de onde procedan, salvo naqueles sitios onde non hai convenio de reciprocidade que, nese caso, será con cargo ao orzamento corrente do Servizo Galego de Saúde”, explicou.

Acadar centros hospitalarios de primeiro nivel
O presidente da Xunta considerou que “Galicia está a facer un esforzo enorme” en axudas e en colaboración asistencial con centros hospitalarios de primeiro nivel. Salientou que a Real Sociedade Espanhola de Beneficencia-Hospital Espanhol de Salvador de Bahía é o terceiro hospital máis importante do estado de Salvador de Bahía, que conta con 14 millóns de habitantes e unha extensión superficial superior a Francia. É, insistiu, o terceiro hospital en calidade e prestacións asistenciais que obtivo axudas da Xunta de Galicia nos últimos anos.

Feijóo quixo resaltar a “enorme trascendencia económica” que ten “o feito emigratorio”, e lembrou o prantexamento que defendeu a Xunta na negociación do modelo de fiananciamento autonómico sobre a necesidade de obxectivar o gasto que supón a colectividade, “o millón e medio de galegos que residen fóra, un 15 por cento da poboación galega”, apuntou. “Non era simplemente un prantexamento teórico, senón real”, enfatizou, para concluír que a comunidade autónoma “financiou, cofinancia e seguirá financiando centros hospitalarios onde se atenden aos galegos sen recursos económicos”.

2449 lecturas