A Xunta achega o Polo Aeroespacial de Galicia en Rozas (Castro de Rei - Lugo) e a Ribeira Sacra aos mozos e mozas da segunda quenda do programa Conecta con Galicia

  • A Xunta achega o Polo Aeroespacial de Galicia en Rozas (Castro de Rei - Lugo) e a Ribeira Sacra aos mozos e mozas da segunda quenda do programa Conecta con Galicia

Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 9 de agosto de 2023.

Os 30 mozos e mozas galegos do exterior da segunda quenda do programa Conecta con Galicia da Secretaría Xeral da Emigración visitaron nas últimas horas o Polo Aeroespacial de Galicia en Rozas (Castro de Rei, Lugo) para achegarse ao mundo da innovación e a realidade empresarial galega e tamén puideron coñecer a beleza da Ribeira Sacra percorrendo os canóns do río Sil en catamarán.

Este programa, realizado en colaboración coa Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, ao longo de dúas quendas e que se desenvolve no albergue de Gandarío, permite que persoas nadas en Galicia ou descendentes de emigrantes galegos de 16 e 17 anos, e residentes no exterior, volvan ter contacto coa realidade galega e o encontro cos seus familiares, supoñendo para moitos deles a primeira posibilidade de coñecer fisicamente a terra dos seus devanceiros, e as xeracións da familia que quedaron na Galicia territorial.

207 lecturas