As e os participantes no Conecta con Galicia de Emigración coñecen estes días a realidade empresarial e os espazos naturais de Galicia
Este programa, que se está a desenvolver no albergue de Gandarío en dúas quendas, ten como obxectivo facilitar á mocidade galega do exterior o contacto coa realidade da Galicia actual.
Imaxe da visita ás Ilas Cíes
Imaxe da visita ás Ilas Cíes
Imaxe da visita ás Ilas Cíes
Imaxe da visita ás Ilas Cíes
Imaxe da visita ás Ilas Cíes
Imaxe da visita ao mosteiro de Oseira
Imaxe da visita ao mosteiro de Oseira
Imaxe da visita ao xacemento arqueolóxico de Aquis Querquennis
Imaxe da visita ao xacemento arqueolóxico de Aquis Querquennis
Imaxe da visita ao xacemento arqueolóxico de Aquis Querquennis
Imaxe do percorrrido por un tramo do Camiño de Santiago
Imaxe do percorrrido por un tramo do Camiño de Santiago
Imaxe do percorrrido por un tramo do Camiño de Santiago
Imaxe da visita ao museo de Anfaco
Imaxe da visita ao museo de Anfaco
Os case 30 mozos e mozas galegas do exterior que chegaron a pasada semana para participar no programa Conecta con Galicia da Secretaría Xeral da Emigración están a rematar a súa estadía na nosa comunidade autónoma coñecendo a realidade empresarial galega e os espazos naturais máis destacados. Así, hoxe achegáronse ata a sede de Anfaco en Vigo e mañá xoves será o momento de coñecer os avances tecnolóxicos que ofrece o Parque Tecnolóxico de Rozas en Castro de Rei.
Ao longo destas xornadas, este pasado luns tamén visitaron a Fundación Aquis Querquennis en Ourense, o mosteiro de Oseira e o Museo Etnográfico Olimpio Liste; o martes fixeron unha etapa do Camiño de Santiago aproveitando a celebración do 25 de xullo; e hoxe, ademais do Museo da Conserva de Anfaco en Vigo, achegáronse ata a praia de Rodas e o faro das Illas Cíes, rematando mañá a visita a espazos naturais galegos na Ribeira Sacra.
Este programa, realizado en colaboración coa Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado ao longo de dúas quendas e que se desenvolve no albergue de Gandarío, permite que persoas nadas en Galicia ou descendentes de emigrantes galegas e galegos de 16 e 17 anos volvan ter contacto coa realidade galega e o encontro coas e cos seus familiares, supoñendo para moitas e moitos deles a primeira posibilidade de coñecer fisicamente a terra das e dos seus devanceiros, e as xeracións da familia que quedaron na Galicia territorial.
Novas relacionadas



