Os participantes no Conecta con Galicia de Emigración coñecen a beleza natural do Parque das Illas Atlánticas

Este programa da Secretaría Xeral da Emigración, que ten como obxectivo facilitar á mocidade galega do exterior o contacto coa realidade da Galicia actual, remata hoxe coa realización dun tramo do Camiño de Santiago saíndo da Susana e entrando polo Camiño Portugués.

  • Os participantes no Conecta con Galicia de Emigración coñecen a beleza natural do Parque das Illas Atlánticas
    Os participantes no Conecta con Galicia de Emigración coñecen a beleza natural do Parque das Illas Atlánticas
  • Os participantes no Conecta con Galicia de Emigración coñecen a beleza natural do Parque das Illas Atlánticas
    Os participantes no Conecta con Galicia de Emigración coñecen a beleza natural do Parque das Illas Atlánticas
  • Os participantes no Conecta con Galicia de Emigración coñecen a beleza natural do Parque das Illas Atlánticas
    Os participantes no Conecta con Galicia de Emigración coñecen a beleza natural do Parque das Illas Atlánticas
  • Os participantes no Conecta con Galicia de Emigración coñecen a beleza natural do Parque das Illas Atlánticas
    Os participantes no Conecta con Galicia de Emigración coñecen a beleza natural do Parque das Illas Atlánticas
  • Os participantes no Conecta con Galicia de Emigración coñecen a beleza natural do Parque das Illas Atlánticas
    Os participantes no Conecta con Galicia de Emigración coñecen a beleza natural do Parque das Illas Atlánticas
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 10 de agosto de 2023.

Os case 30 mozos e mozas galegos do exterior da segunda quenda do programa Conecta con Galicia da Secretaría Xeral da Emigración, están a rematar a súa estadía na nosa comunidade autónoma e nas últimas horas achegáronse ata as Illas Cíes para coñecer a beleza natural do Parque das Illas Atlánticas. Tamén puideron coñecer como se desenvolve o sector da conserva de Galicia visitando Anfaco, a Asociación Nacional de Fabricantes de Conservas de Pescados e Mariscos. Hoxe, xoves, achegáronse ata Santiago de Compostela realizando un tramo do Camiño de Santiago saíndo da Susana e entrando polo Camiño Portugués.

Ao longo destas xornadas tamén visitaron a Fundación Aquis Querquennis en Ourense, o polo aeroespacial de Rozas en Lugo e gozaron da Ribeira Sacra a bordo dun catamarán.

Este programa, realizado en colaboración coa Dirección Xeral de Xuventude, ao longo de dúas quendas e que se desenvolve no albergue de Gandarío, permite que persoas nadas en Galicia ou descendentes de emigrantes galegos de 16 e 17 anos volvan a ter contacto coa realidade galega e o encontro cos seus familiares, supoñendo para moitos deles a primeira posibilidade de coñecer fisicamente a terra das e dos seus devanceiros, e as xeracións da familia que quedaron na Galicia territorial.

237 lecturas