Emigración organiza dúas xornadas sobre as novidades normativas en materia de estranxeiría

A primeira delas irá destinada fundamentalmente a persoal das entidades sociais e inmigrantes, e a segunda a técnicas e técnicos municipais que traballan nesta materia

A iniciativa terá lugar os días 23 e 24 na sede da EGAP

Listen to this page using ReadSpeaker

A Secretaría Xeral da Emigración ven de organizar, para os vindeiros días 23 e 24, dúas xornadas formativas sobre as novidades da normativa en materia de estranxeiría, que terán lugar na sede da Escola Galega de Administración Pública (EGAP), en Santiago.

A primeira das xornadas ten por destinatarios principais ás e aos inmigrantes e persoal das entidades sociais que están a traballar no eido da inmigración, e a segunda as e aos técnicos das entidades locais (concellos, fundamentalmente) que estean a desenvolver programas e accións de integración do colectivo de inmigrantes e persoas retornadas.

Ademais das charlas pola mañá das e dos devanditos especialistas, na xornada do día 23 procederase pola tarde á realización de traballos en grupo sobre a “acreditación do esforzo de integración”, establecida na normativa en materia de estranxeiría, e que é un dos informes que debe emitir a Administración autonómica para a regularización das persoas estranxeiras.

Relatores/as
As persoas encargadas de dar a coñecer e explicar polo miúdo estas novidades serán o asesor xurídico da UAMI (Unidade de Atención as Migracións) do Concello da Coruña, Juan José Vázquez, e a xefa do Servizo de Información e Tramitación de Subvencións da Secretaría Xeral da Emigración, Mercedes Mato.

O primeiro falará sobre as últimas modificacións do regulamento en materia de estranxeiría, e a segunda sobre a emisión de informes nesta materia por parte das distintas administracións.

Con esta acción, Emigración pretende clarexar ás e aos principais afectados algúns puntos da normativa que regula esta materia de competencia estatal, e que en recentes datas dou pé a lecturas equivocadas por parte dalgunha corporación local. As e os interesados poden inscribirse na web da Secretaría Xeral, www.galiciaaberta.com ou no teléfono 981 54 72 74.

Xornada para entidades

Xornada para concellos

1267 lecturas