María do Ceo ofreceu un concerto na celebración do XXVº aniversario do Centro Galego de Castelló

  • O Teatro do Raval de Castelló acolleu unha gala na que participou como artista invitada a fadista e compositora luso-galaica Maria do Ceo, xunto co grupo de baile tradicional da entidade 'Aturuxos na Chaira'
    O Teatro do Raval de Castelló acolleu unha gala na que participou como artista invitada a fadista e compositora luso-galaica Maria do Ceo, xunto co grupo de baile tradicional da entidade "Aturuxos na Chaira"
  • María do Ceo deleitou ao público cun repertorio de fados e cancións tradicionais galegas
    María do Ceo deleitou ao público cun repertorio de fados e cancións tradicionais galegas

  • Os presidentes dos centros galegos de Castelló (á esquerda na imaxe) e Valencia (á dereita), coa cantante luso-galaica
    Os presidentes dos centros galegos de Castelló (á esquerda na imaxe) e Valencia (á dereita), coa cantante luso-galaica
  • María do Ceo, asinando no Libro de honra do Centro
    María do Ceo, asinando no Libro de honra do Centro
Listen to this page using ReadSpeaker
Castelló de la Plana, 15 de novembro de 2018.

Este pasado 9 de novembro, co gallo da conmemoración do XXVº aniversario do Centro Galego de Castelló "O Aturuxo", a entidade galega na capital da Plana organizou un concerto de agradecemento e agasallo á terra de acollida. O Teatro do Raval de Castelló acolleu unha gala na que participou como artista invitada a fadista e compositora luso-galaica María do Ceo, xunto co grupo de baile tradicional da entidade "Aturuxos na Chaira".

Con entrada libre e de balde, numeroso público asistiu ao acto, no que tamén acompañaron diversas autoridades municipais, representantes das distintas casas rexionais asentadas na cidade, e socias e socios da entidade galega na capital castellonenca e do Centro Galego de Valencia xunto co seu presidente, José R. Cerdeira. Emotivo acto no que María do Ceo sorprendeu ás e aos asistentes coa calidez da súa voz e a personalidade que amosa sobre o escenario, onde esta embaixadora da ourensanía e da galeguidade despregou un repertorio de cancións galegas e fados portugueses cheos de dozura e sentimento cos que soubo chegar ao público.

Rematado o concerto, e xa na sede do Centro, María do Ceo asinou no libro de honra da entidade.

Fonte e fotos: Centro Galego de Castelló "O Aturuxo"

472 lecturas