A web da empresa galega Sdweb, única española premiada nos American Desingn Awards

Listen to this page using ReadSpeaker

A empresa Sdweb, dedicada á comunicación dixital e con sede en Santiago, foi recoñecida nos American Design Awards 2010, considerados os «Oscar» do deseño web. O premio é aínda maior tendo en conta que se trata da única firma española galardoada nesta última edición.

A institución estadounidense recoñeceu o portal corporativo da firma compostelá polo seu deseño innovador, a súa accesibilidade e eficacia, entre outras calidades. Para os responsables da firma, o premio supón «un incentivo ao noso traballo e anímanos a continuar remando na mesma dirección».

Os American Design Awards, creados no ano 2000 para recoñecer os mellores traballos da Rede, é unha institución privada estadounidense que funciona como un dos máis prestixiosos avaliadores de deseño multimedia. Os seus membros, repartidos por todo o mundo, valoran a creatividade, eficacia, o sentido práctico e a ética (cumprimento de estándares internacionais) dos portais de Internet.

2117 lecturas