Vueling presenta tres novos destinos dos aeroportos galegos

O aeroporto vigués de Peinador presentou as novas rutas de Vueling con destino aos aeroportos galegos.

Listen to this page using ReadSpeaker
30 de marzo de 2010.

O aeroporto vigués de Peinador presentou as novas rutas de Vueling con destino aos aeroportos galegos. A Coruña-Amsterdam; Vigo-Bruselas e Santiago-Zúrich son as tres novas rutas que comezan a operar.

Con motivo do lanzamento dos vos aos destinos galegos, estivo presente no aeroporto a secretaria xeral para o Turismo, Carmen Pardo López; a directora xeral de Comercio, Nava Castro e a delegada territorial da Xunta de Galicia en Vigo.

O Consello da Xunta autorizou a primeiros de marzo a firma do convenio de colaboración entre Turgalicia, Xacobeo e Vueling. As duas entidades da Xunta firman en representación das Consellerías de Cultura e Turismo; Medio Ambiente, Territorio e Infraestructuras e Economía e Industria.

A secretaría xeral de Turismo, nol aeroporto de Peinador. Cedida.

Por primeira vez desarrollarase dende a Secretaría Xeral para o Turismo, a través de Turgalicia, unha campaña de comunicación para dar notoriedade a Galicia.

Ademáis, destinarase adicionalmente 1,3 millóns de euros en accións de comunicación nos destinos europeos que conectarán cos aeroportos galegos e as suas áreas de influencia, co obxectivo de estimular a demanda. O obxectivo destas accións promocionais en destino é aumentar o número de pasaxeiros que utilicen esas aerolíñas de modo que, a medio prazo, resulten rentabres e se poidan financiar nun futuro outras novas conexións. Esta inversión de 1,3 millóns é adicional á inversión global do Goberno galego de 4,5 millóns de euros que se invertirá para apoiar os destinos internacionais das aerolíñas de baixo coste.

Outras declaracións

En resposta ás preguntas dos medios en relación á posibilidade de abrir unha nova ruta, a secretaria xeral para o Turismo manifestou que, «a Xunta de Galicia non ten competencias en materia de xestión aeroportuaria e se limita a establecer convenios de patrocinio publicitario con diferentes compañías e a través de diversos soportes promocionais». Preguntada pola ruta de Londres desde Vigo, recalcou que no caso específico do Concello de Vigo, a Xunta apoiou con 300.000 euros o convenio preexistente, unha aportación a través de convenio de patrocinio publicitario que nunca antes se fixera desde o Goberno Autonómico para o caso de Vigo. Tamén insistiu en que, non sendo a xestión aeroportuaria competencia do Goberno Autonómico, o Concello podería -se o consideraba oportuno- firmar convenios como xa viña facendo.

1730 lecturas