Galicia contará con novas conexións aéreas con Amsterdam, Bruselas, Zurich, Valencia e Sevilla

A partir de marzo dende A Coruña poderase voar a Holanda e Valencia; dende Vigo a Bélgica e Sevilla; e Santiago contará cunha ruta a Suiza.

Listen to this page using ReadSpeaker

Galicia estará unida a partir do 1 de marzo do 2010 con Amsterdam, Bruselas, Zurich, Valencia e Sevilla a través de novas rutas aéreas, según informaron hoxe o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo e o conselleiro de Cultura e Turismo, Roberto Varela.

En calquera caso, según apuntou Varela, a Xunta traballa coa intención de que estas novas rutas poidan entrar en funcionamento en xaneiro.

Ambos compareceron ante os medios ao finalizar a reunión semanal do Executivo galego na que se aprobou unha axuda por 4 millóns de euros repartidos entre os tres aeroportos galegos para patrocinar aerolíneas de baixo coste, aos que hai que sumar outro medio millón que aportará o Xacobeo.

Deste modo, as novas líneas unirán A Coruña con Amsterdam e con Valencia, Vigo con Bruselas e Sevilla e Santiago de Compostela con Zurich.

Según apuntou Núñez Feijoo, os novos destinos internacionais supñen abrir Galicia, o ano da celebración do Xacobeo, a un mercado potencial de 32 millóns de persoas, según dixo e completan a idea impulsada dende a Xunta de aproveitar «tres aeroportos e un destino».

Varela señalou que as axudas de catro millóns de euros supoñen «triplicar e en algúns casos multiplicar por catro» as axudas do Goberno galego e explicou que para a súa distribución a Xunta tivo en conta «criterios obxectivos, económicos, poblacionais e turísticos».

Estos criterios tiveron en conta a facturación das empresas e o número de traballadores da mismas nas áreas das ciudades nas que está os aeroportos, a población nun área de 30 kilómetros, así como a cuota de mercado nos últimos catro anos, en canto aos criterios económicos e poblacionais.

Ademáis, en canto aos criterios turísticos, a Xunta ponderou as pernoctacións nos últimos catro anos, o número de turistas no 2008 e o porcentaxe de turistas sobre o total de usuarios dos aeroportos.

De acordo a estos criterios, a Xunta repartirá os catro millóns en patrocinios con 1,37 millóns de euros a Santiago, con 1,23 a A Coruña e con 1,39 a Vigo. A estas cantidades hai que sumar medio millón de euros que recibirá Santiago do Xacobeo con motivo da celebración do Ano Santo.

O obxectivo destas axudas, según Varela, é que as líneas postas en marcha sexan «rentables» sen o diñeiro da Xunta e se poidan manter.

Ademáis deste soporte económico, o conselleiro destacou que este «esforzo» sería «insuficiente» sen un plan de promoción turístico das cidades de destino e de Galicia, polo que a Xunta terá para ese fin 1,3 millóns de euros, según apuntou.

A compañía encargada de ofrecer os tres novos destinos internacionales, Bruselas, Amsterdam e Zurich será Vueling, mentras que para Sevilla e Valencia realizaráse un concurso.

Núñez Feijoo destacou a aposta da Xunta pola consolidación das rutas xa existentes, como Londres, Roma e Frankfurt, así como a recentemente recuperada a París.

Esta é unha das accións que a Xunta puxo en marcha para promocionar a celebración do Xacobeo o próximo ano, segundo apuntou Núñez Feijoo, quen recordou a posta en marcha a través do portal Google das visitas virtuais ao Camiño de Santiago.

«Ata o 31 de decembro do 2009 pretendemos que haxa 1,5 millóns de visitas ao Camiño en Google e que se visionen 160 millóns de anuncios», señalou.

1680 lecturas