Emigración abre a convocatoria do programa “Conecta con Galicia”, que posibilitará a convivencia en Galicia este verán de 60 mozos e mozas galegas do Exterior

Este programa ten coma obxectivo facilitar á mocidade galega do exterior o contacto coa realidade da Galicia actual.

Desenvolverase, en colaboración coa Direccion Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, no albergue xuvenil de Gandarío entre os meses de xullo e agosto, e os participantes realizarán actividades de ocio e deporte, visitas culturais e tamén coñecerán empresas galegas punteiras.

Os interesados teñen ata o próximo 22 de maio para presentar as súas solicitudes.

Emigración abre a convocatoria do programa “Conecta con Galicia”, que posibilitará a convivencia en Galicia este verán de 60 mozos e mozas galegas do Exterior
Emigración abre a convocatoria do programa “Conecta con Galicia”, que posibilitará a convivencia en Galicia este verán de 60 mozos e mozas galegas do Exterior
Conecta con Galicia 2023
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 21 de abril de 2023.

O Diario Oficial de Galicia publicou hoxe a convocatoria do novo programa Conecta con Galicia da Secretaría Xeral da Emigración (https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2023/20230421/AnuncioC3B0-130423-0001_gl.html) que se volve a desenvolver este ano, tras tres anos de suspensión por mor da pandemia, en colaboración coa Dirección Xeral de Xuventude da Consellería de Política Social. Ten como obxectivo posibilitar a convivencia en Galicia de 60 mozos e mozas galegas do exterior durante os meses de xullo e agosto.

Este programa está dirixido a persoas de 16 e 17 anos residentes no estranxeiro, nados en Galicia ou descendentes de emigrantes galegos e ten por finalidade facilitar á mocidade da Galicia exterior o contacto coa realidade galega e o encontro cos seus familiares, coñecendo a realidade da Galicia actual e moderna, actuando de altofalantes da mesma nos países onde residen.

A iniciativa, para moitos deles e delas, supón a primeira posibilidade de coñecer fisicamente a terra das e dos seus devanceiros, e as xeracións da familia que quedaron na Galicia territorial.

‘Conecta con Galicia’ desenvolverase no albergue xuvenil de Gandarío en dúas quendas de 30 participantes cada unha: entre o 15 e o 28 de xullo e entre o 29 e o 11 de agosto.  Nestas instalacións realizarán diferentes actividades lúdicas e deportivas, así como participarán en visitas culturais e tamén poderán coñecer empresas punteiras situadas en diversos lugares de Galicia.

Máis información na seguinte ligazón.

1419 lecturas