Conecta con Galicia 2024
Obxecto e finalidade das axudas:
Esta resolución ten por obxecto aprobar as bases reguladoras polas que se rexerá a concesión das axudas correspondentes ao programa Conecta con Galicia para o ano 2024. Este programa ten por finalidade facilitar á mocidade da Galicia exterior o contacto coa realidade galega e o encontro coas e cos seus familiares.
Colabora: Dirección Xeral de Xuventude
O programa comprende as seguintes fases:
- O MAR DE GALICIA (15/23): Actividades recreativas e deportivas relacionadas co mar, a náutica e o coñecemento dese medio
- CULTURA E CAMIÑO (24/29): Actividades orientadas a coñecer o patrimonio da contorna e visitar empresas punteiras de Galicia
Persoas participantes:
Poderán optar a este programa os/as mozos/as que cumpran os seguintes requisitos:
a) Ter unha idade comprendida entre os 16 e os 17 anos durante todo o programa
b) Non participar en edicións anteriores deste programa.
c) Nacer en Galicia ou ser descendentes de persoa emigrante galega.
d) Ter a nacionalidade española.
e) Ter a súa residencia habitual no estranxeiro.
f) Atoparse vinculados/as con calquera concello galego no Padrón de Españois Residentes no Estranxeiro (PERE) cunha antigüidade mínima de 12 meses a contar desde o día de publicación da Resolución de convocatoria no Diario Oficial de Galicia.
g) Saber nadar.
h) Non padecer enfermidade transmisible con risco de contaxio
i) Carecer de discapacidades que lles impidan realizar a viaxe e participar con normalidade nas actividades do programa.
j) Para as prazas con financiamento do 100%, determinadas condicións económicas (consultar art. 3.2 da Resolución de convocatoria).
Prazo de presentación de solicitudes:
Desde o 18/04/24 ata o 20/05/2024.
Lugar de presentación das solicitudes:
As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica, mediante o formulario normalizado, anexo I, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, (https://sede.xunta.gal), por calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de Chave 365 (https://sede.xunta.gal/chave365), ou a través das seguintes entidades colaboradoras, que poderán presentalas por esa vía no seu nome, mediante a oportuna autorización:
- No Brasil:
-Peña Gallega da Casa de España de Río de Xaneiro.
-Sociedade Hispano Brasileira de Socorros Mútuos e Instrução, en São Paulo.
-Sociedad de Socorros Mútuos e Beneficente Rosalía de Castro, en Santos.
-Asociación Cultural Hispano Galega Caballeros de Santiago, en Salvador de Baía. - En Venezuela: Hermandad Gallega de Venezuela en Caracas.
- Na Arxentina: Delegación da Xunta de Galicia en Bos Aires.
- No Uruguai: Delegación da Xunta de Galicia en Montevideo.
Así mesmo, poderán presentar as solicitudes presencialmente nos consulados de España no seu país de residencia e en calquera dos lugares e rexistros establecidos na lei reguladora do procedemento administrativo común.
| FORMULARIOS DE TRAMITACIÓN DE SOLICITUDES: | picar aquí para acceder á Sede electrónica |
Texto íntegro da convocatoria no D.O.G.: Descargar
Extracto da convocatoria no D.O.G.: Descargar
Distribución de prazas e financiamento das viaxes:
| PAÍS DE RESIDENCIA | NÚMERO DE PRAZAS | FINANCIAMENTO | |
|---|---|---|---|
| Axuda 100% SXE | Paga solicitante: 800 € América - 250 € Europa |
||
| Arxentina | 16 | 8 | 8 |
| Brasil | 6 | 3 | 3 |
| Uruguai | 8 | 4 | 4 |
| Resto de América (salvo Cuba) | 6 | 3 | 3 |
| Resto de Europa | 14 | 7 | 7 |
| TOTAL: | 50 | 25 | 25 |



