Un Ulises galego emigra á rúa Corrientes de Bos Aires da man do Centro Dramático Galego

A Lexislatura porteña declara de “interese da Cidade Autónoma de Bos Aires” a produción do Centro Dramático Galego

A peza dirixida por Marián Bañobre e Santiago Cortegoso representouse onte no Teatro Astral, tras colleitar un importante éxito o día anterior no Uruguai.

Na función estivo presente o director do CDG, Fran Núñez, o secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda e o delegado da Xunta na Arxentina, Alejandro López Dobarro. 

  • Imaxe da estrea de 'O charco de Ulises' en Bos Aires
    Imaxe da estrea de 'O charco de Ulises' en Bos Aires
  • Imaxe da estrea de 'O charco de Ulises' en Bos Aires
    Imaxe da estrea de 'O charco de Ulises' en Bos Aires
  • Imaxe da estrea de 'O charco de Ulises' en Bos Aires
    Imaxe da estrea de 'O charco de Ulises' en Bos Aires
  • Imaxe da estrea de 'O charco de Ulises' en Bos Aires
    Imaxe da estrea de 'O charco de Ulises' en Bos Aires
Listen to this page using ReadSpeaker
Bos Aires, 3 de decembro de 2021.

O Centro Dramático Galego representou onte en Bos Aires a produción O charco de Ulises, dirixida por Marián Bañobre e Santiago Cortegoso, nunha función que encheu o aforo permitido no Teatro Astral, poñendo así fin á súa xira por América, e tras colleitar un importante éxito no Uruguai o día anterior.

A obra foi declarada de Interés Cultural da Cidade Autónoma de Bos Aires, iniciativa da  deputada de orixe galega Cecilia Ferrero.

A representación, apoiada pola Secretaría Xeral da Emigración, é unha adaptación da Odisea de Homero ao contexto da emigración galega transatlántica. A trama do texto, escrito por Cortegoso en 2010 dentro do programa Iberescena e nos talleres de dramaturxia do CDG, discorre en paralelo á Odisea, xerando un diálogo co mito orixinal para tratar o fenómeno da emigración galega cun marcado compoñente poético. Así, a proposta muda Ítaca por Galicia, Troia por Bos Aires e o Mediterráneo polo Atlántico.

Na representación teatral en Bos Aires estiveron presentes o secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, e o director da unidade teatral da Xunta, Fran Núñez, acompañados do delegado da Xunta na Arxentina, Alejandro López Dobarro.

O charco de Ulises estreouse en España o 14 de xaneiro no Salón Teatro de Santiago, onde tiña previsto permanecer durante catro semanas de representacións, que tiveron que ser suspendidas no seu tramo final por mor da pandemia. Naquel momento, froito tamén da colaboración entre o CDG e a Secretaría Xeral da Emigración, ofreceuse unha función en liña deste espectáculo que foi seguida a través de 800 dispositivos conectados desde 18 países de catro continentes.

Fran Paredes e Inés Salvado encarnan os papeis de Ulises e Penélope, encabezando un elenco que completan Óscar Allo, Miguel Borines, Mónica Camaño, Rosalía Castro, Raquel Espada, Manuel Millán, Chusa Pérez de Vallejo e Paulo Serantes, ademais do músico Xosé Lois Romero. 

No equipo artístico figuran Pablo Giráldez O Pastor no deseño da escenografía, Saturna no de vestiario, Salvador del Río na iluminación, Xosé Lois Romero no espazo sonoro, Ezequiel Merlo na Coreografía Tango, María Costas no traballo de voz, Baia Fernández na caracterización, Carmela Bueno na asistencia de dirección e Xandre Vázquez na de produción e Keka Losada na de produción en xira.  

328 lecturas