Emigración e o Centro Dramático Galego ofreceron, por primeira vez en América, aos galegos e galegas de Arxentina e Uruguai a obra “O charco de Ulises”
O Centro Dramático Galego representou en decembro de 2021, en Uruguai e Arxentina, por primeira vez en América, a produción O charco de Ulises, dirixida por Marián Bañobre e Santiago Cortegoso, no auditorio Nelly Goitiño-Sala Héctor Tosar de Montevideo e no Teatro Astral da capital arxentina.
No seguinte vídeo podemos ver un resumo da representación, apoiada pola Secretaría Xeral da Emigración, que é unha adaptación da Odisea de Homero ao contexto da emigración galega transatlántica. A trama do texto, escrito por Cortegoso en 2010 dentro do programa Iberescena e nos talleres de dramaturxia do CDG, discorre en paralelo á Odisea, xerando un diálogo co mito orixinal para tratar o fenómeno da emigración galega cun marcado compoñente poético. Así, a proposta muda Ítaca por Galicia, Troia por Bos Aires e o Mediterráneo polo Atlántico.
Novas relacionadas