Un total de 50 galegos do exterior benefícianse este curso das Bolsas do programa Retorna Talento FP

O lugar de procedencia das persoas beneficiarias é maioritariamente Arxentina, seguido de Uruguai, Brasil, Venezuela, Cuba, Panamá, Australia e Alemaña.

Estudarán no CIFP Someso, no CIFP Ferrolterra, no IES de Chapela, no CIFP de Vilamarín e no CIFP Universidade Laboral de Culleredo.

Un total de 50 galegos do exterior benefícianse este curso das Bolsas do programa Retorna Talento FP
Un total de 50 galegos do exterior benefícianse este curso das Bolsas do programa Retorna Talento FP
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela (A Coruña), 15 de setembro de 2024.

Un total de 50 galegos do exterior cursarán FP galega este curso a través das bolsas do Programa Retorna FP. A Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP vén de publicar a listaxe de persoas admitidas. En total recibíronse 112 solicitudes, fronte ás 93 da convocatoria anterior, das que 35 foron desestimadas por non presentar a documentación ou non cumprir as condicións requiridas na convocatoria.

A modalidade con máis solicitudes é a de FP Dual a distancia, con 40 admitidos para as 60 prazas ofertadas. Neste caso, os seleccionados poderán iniciar a súa formación académica no país de orixe e completala coa parte práctica en empresas en Galicia, en función da estrutura dos dous cursos que compoñen cada ciclo.

Así pois, durante o primeiro curso, os estudantes realizarán a primeira parte a distancia desde o país de orixe e unha segunda parte presencial nas empresas seleccionadas a través de convenios con firmas referentes das contornas dos centros e dos sectores correspondentes.

No segundo curso académico, haberá unha primeira parte en modalidade semipresencial no centro de formación e unha segunda parte presencial na empresa. Recibirán unha bolsa de 10.800 euros cada un para afrontar os gastos asociados como a viaxe desde o seu país de procedencia, aloxamento e manutención en Galicia e subscrición dun seguro médico, de ser o caso.

As persoas admitidas por ciclos ofertados son as reflectidos na seguinte táboa:

Concello Centro Ciclo de FP Dual Admitidos
A Coruña CIFP Someso Ciclo superior de Proxectos de edificación 10
Ferrol CIFP Ferrolterra Ciclo superior de Deseño e amoblamento 11
Redondela IES de Chapela Ciclo medio de Atención a persoas en situación de dependencia 7
Vilamarín CIFP de Vilamarín Ciclo superior de Xestión de aloxamentos turísticos 12


As persoas beneficiarias, con idades comprendidas entre os 17 e os 45 anos, proceden de Arxentina (22), Uruguai (5), Brasil (5), Venezuela (4), Cuba (1), Panamá (1), Australia (1), Alemaña (1).

Formación específica básica

Na modalidade para cursar Programas específicos básicos de FP, a bolsa é de 6.500 euros por alumno. Os 10 alumnos admitidos cursarán o programa formativo en Fontanería, calefacción, electricidade e telecomunicacións en edificios. Esta formación específica básica impártese no CIFP Universidade Laboral de Culleredo.

As persoas beneficiarias, con idades comprendidas entre os 17 e os 44 anos, proceden de Arxentina (6), Uruguai (2), Brasil (1), Cuba (1), Venezuela (1) .

Case 1M€ de investimento

O Goberno galego destina case 1M€ a esta iniciativa, que forma parte da Estratexia Galicia Retorna 2023-2026, coa que o Goberno galego quere incentivar que os galegos residentes no estranxeiro -tanto emigrantes coma descendentes destes- regresan a formarse á súa terra de orixe e incorporarse ao noso mercado laboral.

Búscase tamén que a sociedade galega se enriqueza cos coñecementos e as experiencias profesionais internacionais que acheguen estas persoas que residiron ou naceron no estranxeiro.

Como novidade fronte ás convocatorias anteriores, este ano ampliouse a idade límite das persoas solicitantes, pasando dos 40 aos 45 anos, favorecendo así que un maior número de persoas galegas que queiran retornar a Galicia poidan facelo acadando unha Formación Profesional recoñecida que posibilite a súa incorporación ao mercado laboral.

339 lecturas