A Secretaría Xeral da Emigración ofrece a reprodución dos actos de celebración do Día das Letras Galegas do Lar Galego de Pamplona
Ademais dun vídeo resumo, as e os interesados poderán acceder ás gravacións da conferencia da poetisa Yolanda Castaño sobre Xela Arias, e ao espectáculo “Idioma da Tinta” no que colaborou tamén o músico Isaac Garabatos.
A Secretaria Xeral da Emigración ofrece a reprodución dos actos de celebración do Día das Letras Galegas do Lar Galego de Pamplona que se desenvolveu recentemente na Sala de Armas da Ciudadela.
A través de YouTube poderase acceder á conferencia completa pronunciada pola poetisa Yolanda Castaño sobre a vida e obra de Xela Arias, escritora a quen se dedica o Día das Letras Galegas 2021
A maiores, tamén se poderá desfrutar da gravación do espectáculo “Idioma da Tinta” que a propia Yolanda Castaño desenvolveu xunto ao músico Isaac Garabatos.
A comunidade galega en Pamplona celebrou o Día das Letras Galegas ofrecendo un recital aberto a toda a cidadanía, cargado de expresividade, calidez e sutil elegancia, conmemorándose á vez tamén o septuaxésimo aniversario da entidade.
O Lar Galego de Pamplona creouse en 1951 co obxectivo de axudar aos galegos e galegas que decidiron comezar unha nova vida na comunidade autónoma navarra, e conta na actualidade con 270 persoas asociadas.
Novas relacionadas