A Secretaría Xeral da Emigración, o Consello da Cultura Galega e a Fundación Seoane presentan “Fardel de eisilado”

  • Imaxe da presentación desta tarde na sede da Fundación Luis Seoane na Coruña
    Imaxe da presentación desta tarde na sede da Fundación Luis Seoane na Coruña
  • Imaxe da presentación desta tarde na sede da Fundación Luis Seoane na Coruña
    Imaxe da presentación desta tarde na sede da Fundación Luis Seoane na Coruña
Listen to this page using ReadSpeaker
A Coruña, 6 de abril de 2021.

Fardel de eisilado foi un dos libros máis queridos por Luis Seoane (Bos Aires, 1910 - A Coruña, 1979). Concibiuno como un libro de debuxos con textos e acabou sendo un dos poemarios que inauguraron a poesía socialrealista na literatura galega. 

A presidenta do Consello da Cultura Galega (CCG), Rosario Álvarez; o secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, e a directora da Fundación Luis Seoane, Silvia Longueira, presentaron esta tarde na Coruña a edición facsimilar deste texto. O acto contou coa participación do director do Arquivo da Emigración Galega, Xosé M. Núñez Seixas, máis do autor do estudo introdutorio, Gregorio Ferreiro Fente.

283 lecturas