Miranda destaca a colaboración da Xunta coa Sociedade Beneficente Rosalía de Castro de São Paulo para a atención aos galegos e galegas con maior necesidade socioasistencial
O secretario xeral da Emigración visitou esta asociación galegobrasileira destacando a colaboración anual con esta entidade para contribuír ao financiamento da asistencia ás persoas galegas acollidas no seu centro de día, que en 2022 superou os 13.000 euros.
Imaxe da visita do secretario xeral da Emigración á Sociedade Beneficente Rosalía de Castro de São Paulo
Imaxe da visita do secretario xeral da Emigración á Sociedade Beneficente Rosalía de Castro de São Paulo
Imaxe da visita do secretario xeral da Emigración á Sociedade Beneficente Rosalía de Castro de São Paulo
O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, visitou as instalacións coas que conta a Sociedade Beneficiente Rosalía de Castro de São Paulo, destacando durante este percorrido o seu labor entregado no apoio aos maiores galegos e galegas con necesidades socioasistenciais e no fomento da galeguidade entre os socios e socias da entidade. Miranda recordou que a Xunta de Galicia colabora “neste labor esencial para os nosos galegos”, apoiando o financiamento do centro de día.
Deste xeito, a Administración autonómica colabora anualmente con esta entidade, que en 2022 superou os 13.000 euros, e cos que se axuda ao financiamento da asistencia ás persoas galegas con necesidades básicas sociosanitarias.
A Sociedade Beneficente Rosalía de Castro de São Paulo é unha entidade sen ánimo de lucro, que posúe un centro de asistencia social inaugurado en febreiro de 1983, que ten como unha das súas actividades primordiais a prestación de atención social á colectividade de emigrantes galegas e galegos e ás e aos seus descendentes residentes en Sâo Paulo e municipios limítrofes. Na actualidade conta cuns 20 usuarios galegos e galegas.
Durante esta visita, o secretario xeral recordou que o departamento que dirixe leva anos colaborando con este fogar co obxectivo de contribuír á prestación de asistencia á colectividade galega residente no Brasil e que estean a pasar dificultades vitais. “Especialmente é importante esta atención no caso dos máis maiores. O noso interese radica na pretensión de mellorar a súa saúde, o seu benestar social e a súa calidade de vida”, engadiu Rodríguez Miranda.
Na cidade de São Paulo reside unha importante colonia de persoas de orixe galega dentro das case 50.000 persoas que conforman a colectividade no país americano. De feito, Brasil é a segunda nación, trala Arxentina, con maior número de galegas e galegos residentes na actualidade.
Novas relacionadas



