Santiago Camba resolve as inquedanzas da colectividade galega en Arxentina
Os temas principais dos que falou foron a Lei da Galeguidade e a situación do Centro Gallego da capital bonaerense.
As e os emigrantes galegos en Arxentina aproveitaron a visita do Secretario Xeral da Emigración, Santiago Camba, para trasladarlle as súas preocupacións sobre a Lei da Galeguidade e o estado das negociacións co Centro Gallego de Bos Aires.
Sobre o proxecto de Lei da Galeguidade, Camba recordou que aínda se están a recibir e incorpora as achegas das asociacións no exterior.
Durante a súa estanza en Bos Aires, o Secretario Xeral da Emigración reuniuse con Carlos Vello, o presidente do Centro Gallego da capital arxentina. Camba manifestou que «nunca foi vontade do goberno colisionar coa asociación», e que acatan e comparten» a sentenza xudicial que establece os límites de actuación do goberno autonómico e o Centro Gallego.
Ademais sinalou que esperan introducir novas formas de intervención dos centros galegos para que poidan participar en actividades culturais, turísticas, económicas ou de calquera outra índole.
Fonte: La Voz de Galicia
Novas relacionadas



