Santiago Camba participa esta fin de semana na romaxe galega da localidade arxentina de San Julián

Tamén visitará Bos Aires e Comodoro Rivadavia.

Listen to this page using ReadSpeaker
15 de xuño de 2012.

Xunta de Galicia - Secretaría Xeral da EmigraciónO secretario xeral da Emigración iniciou onte xoves unha visita a Arxentina que lle levará, ademais de á capital, ás localidades de Comodoro Rivadavia e San Julián. En Bos Aires, o responsable de Emigración da Xunta de Galicia reuniuse, na tarde de onte, coas e cos participantes no programa Reencontros, aos que explicou as condicións da viaxe, as actividades e calquera dúbida que puideron formular ao respecto. Hoxe venres, ás 19,00 h., Santiago Camba inaugurará no Centro Galego de Comodoro de Rivadavia a exposición Galicia, 100 lugares para volver a mirada, unha mostra que está a percorrer os diferentes países de América. O Secretario Xeral aproveitará a súa estanza nesta localidade para coñecer de primeira man as inquietudes da colectividade. Tamén está prevista unha reunión co intendente de Comodoro Rivadavia. O sábado, sobre as 19,00 h., Camba acudirá á romaxe galega organizada na Sociedade Española de San Julián, onde hai unha pequena pero moi activa colectividade galega.

706 lecturas