Santiago Camba presentou a novela de Gualberto Baña "Todas las huellas", sobre a emigración galega

O secretario xeral da Emigración resaltou que o libro “fala do noso pasado, hoxe o nexo para comprender o futuro máis inmiediato”.

Listen to this page using ReadSpeaker

O secretario xeral da Emigración, Santiago Camba, presentou na Delegación da Xunta en Madrid-Casa de Galicia, a novela do uruguaio de orixe galega Gualberto Baña, Todas las huellas, ambientada na emigración galega a Ultramar.

Camba resaltou ante o numeroso público que asistiu á presentación que este libro “fala do noso pasado, da historia da nosa historia, aquela que testemuña a vixencia dun espírito sen o que sería imposible escribir a historia contemporánea de España e, moito menos, a de Galicia”. Tamén refiriuse aos descendentes daqueles emigrantes, os que considera que “conformaron unha nova estirpe de galegos cosmopolitas e abertos ao mundo” e “un capital humano de incalculable valor nun mundo cada vez máis interdependente”.

O secretario xeral, quen viviu en Iberoamérica e coñece de preto a emigración desde o ámbito profesional, familiar e persoal, afirmou que Baña “relata maxistralmente un pasado recente, hoxe o nexo para comprender o presente máis inmediato” e que “Galicia é, en definitiva, as súas xentes, as que viven e traballan na terra orixinaria e aqueles que tiveron a valentía de cruzar océanos para concebir novos mundos”.

O acto foi conducido polo delegado da Xunta en Madrid, Xosé Ramón Ónega, nel tamén interviñeron o editor Alejandro Diéguez, o xornalista Alejandro Gándara e o autor da novela.

Dieguez observou que o libro naceu “iluminado por diversas fortunas”, como a que se lle presentou a el, que coñece os escenarios nos que se desenvolve a historia, tanto a un coma a outro lado do Atlántico, e quixo que a súa publicación coincidise cun congreso de emigrantes españois en Montevideo, onde, según Camba, o 70 por cento deles son galegos.

Gándara apreciou que hai poucos exemplos na literatura que relaten o que pasou coa emigración española, xa fose en Europa ou América, o que entende que constitúe un valor engadido a unha novela que “transcorre en interiores, en lugares onde o tempo pasa moi lento”. “Ahí”, afirmou, “está a dificultade de irse e a dificultade de voltar. Tamén a nostalxia de terse ido, que se vai traducindo nunha melancolía que atrapa aos personaxes”.

Pola súa banda, o autor, Gualberto Baña, falou do seu pai, galego, das cartas que escribía á súa nai e dos emigrantes que acolleu na súa casa no Uruguai. Tamén da visita que fixo ao seu pequeño pobo en Galicia, coa que dixo cre ter comprendido mellor quen é el.

Todas las huellas é una novela coral sobre emigrantes galegos que se desenrola entre os anos 1946 e 1953 e ten como protagonista a Eusebio, galego que emigra a Brasil, onde coñece a outros emigrantes. A acción desenrólase en paralelo entre Brasil e unha aldea pesqueiro de Galicia, onde quedou a familia de Eusebio.

“A migración mirada desde o punto de vista do que se vai e do que se queda, do que logra forxarse un futuro mellor e do que é derrotado no intento. E dos plans de cada un que se van transformando, desfacendo ou desaparecendo”, explica a editorial sobre a novela.

1466 lecturas