Miranda: “A memoria da emigración é tamén a historia do esforzo e da contribución dos galegos á construción simultánea da súa terra de países como Brasil”

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, asistiu ao estreno do documental “Los Inmigrantes” dedicado á historia da emigración española en Brasil e ao legado da colectividade galega asentada na cidade de Santos, unha das principais portas de entrada da inmigración europea en América Latina entre finais do século XIX e comezos do século XX. A proxección puxo en valor a historia de miles de homes e mulleres que cruzaron o Atlántico en busca dun futuro mellor, moitos deles procedentes de Galicia, e que contribuíron co seu traballo ao desenvolvemento económico, social e cultural do país.
Durante o acto, destacou tamén o papel histórico do Centro Español de Santos que cumpre 130 anos, unha das colonias españolas máis importantes do mundo, que ao longo de décadas funcionou como espazo de acollida, solidariedade e preservación da identidade cultural para varias xeracións de emigrantes e descendentes. O documental recolle testemuños e historias de superación que transforman a memoria da emigración nun legado vivo, rendendo homenaxe á valentía daqueles que, con esforzo e esperanza, axudaron a construír o Brasil actual sen renunciar ás súas raíces.
Novas relacionadas