Manuel Mandianes presentou no Centro Galego de Barcelona “En blanco”, a súa primeira novela, na que mestura vivencias e pensamento social

O antropólogo, sociólogo e teólogo galego cualificou de “dura” esta obra, na que, a partir da experiencia dun sacerdote misioneiro, reflicte a sociedade dos anos 60, 70 e 80 e as súas crises política, relixiosa e intelectual.

O acto foi introducido polo xornalista Manuel Valdés, director do programa “Lonxe da terra” en Ràdio Pomar de Badalona, e por Carlos Mandianes, presidente do Centro.

  • Manuel Mandianes (Os Blancos - Ourense, 1942) estudou Teoloxía e Antropoloxía en Estrasburgo e é tamén doutor en Socioloxía e científico titular do CSIC
    Manuel Mandianes (Os Blancos - Ourense, 1942) estudou Teoloxía e Antropoloxía en Estrasburgo e é tamén doutor en Socioloxía e científico titular do CSIC

Listen to this page using ReadSpeaker
Barcelona, 3 de decembro de 2018.

O doutor en Antropoloxía, Socioloxía e Teoloxía Manuel Mandianes presentou esta fin de semana no Centro Galego de Barcelona En blanco, que constitúe a súa primeira novela despois de ter publicado máis dunha decena de ensaios sobre temas diversos. O tamén científico do CSIC, nado en Loureses (Os Blancos, Ourense), foi misioneiro en Colombia, escenario no que se desenvolve a novela, que, aínda que “non é unha obra autobiográfica”, mestura vivencias persoais con pensamento social.

O acto de presentación foi introducido polo xornalista Manuel Valdés, director do programa “Lonxe da terra” en Ràdio Pomar de Badalona, e por Carlos Mandianes, presidente do Centro. O autor cualificou de “dura” a obra, na que se reflicte a sociedade dos anos 60, 70 e 80 e as súas crises política, relixiosa e intelectual a partir da experiencia dun sacerdote misioneiro na selva colombiana que cruza o mundo por un ideal e que ve como os seus soños teñen que enfrontarse á realidade do momento. Unha realidade chea de claroscuros na que os conceptos teóricos aprendidos no seminario chocan coas verdades concretas e o sitúan nun dilema ético como sacerdote fronte ao nihilismo imperante.

Nado en 1942, Manuel Mandianes estudou Teoloxía e Antropoloxía en Estrasburgo, onde se doutorou, despois de exercer como misioneiro en Colombia durante cinco anos. Recoñecido antropólogo, é tamén doutor en Socioloxía e científico titular do CSIC, onde dirixiu o Instituto de Estudos Sociais Avanzados (IESA) en Barcelona. Realizou varios traballos antropolóxicos sobre Galicia e ten publicados máis dunha decena de ensaios, entre eles, Loureses, antropoloxía dunha parroquia galega, Peregrino a Santiago: viaje al fin del mundo ou O río do esquecemento. Identidade antropolóxica de Galicia, Premio da Crítica de Galicia en 2004. Así mesmo, é colaborador habitual en programas de radio e televisión e en xornais de información xeral.

40 lecturas