Santalices estreita relacións institucionais con diferentes entidades do Uruguai, como o alcalde de Punta del Este, fillo de galegos

Trasladou unha mensaxe de afecto e recoñecemento ás e aos residentes no Hogar Español de Ancianos de Montevideo “logo dunha vida de traballo na que contribuíron ao engrandecemento do país de adopción e consolidaron a imaxe dos galegos como un pobo nobre e traballador”.

  • Imaxe da reunión do presidente do Parlamento de Galicia co alcalde de Punta del Este
    Imaxe da reunión do presidente do Parlamento de Galicia co alcalde de Punta del Este

  • Imaxe da visita do presidente do Parlamento de Galicia ao Hogar Español de Montevideo
    Imaxe da visita do presidente do Parlamento de Galicia ao Hogar Español de Montevideo
  • Imaxe da visita do presidente do Parlamento de Galicia ao Hogar Español de Montevideo
    Imaxe da visita do presidente do Parlamento de Galicia ao Hogar Español de Montevideo
Listen to this page using ReadSpeaker
Montevideo (Uruguai), 15 de decembro de 2023.

O presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices Vieira, visitou Uruguai este xoves, onde está a desenvolver unha axenda centrada en estreitar as relacións institucionais con diferentes entidades do país.

Santalices reunise co alcalde de Punta del Este, Javier Carballal, fillo dun emigrante oriúndo de Muras (Lugo), que resultou elixido por maioría absoluta en 2020. O alcalde dun dos principais polos turísticos da rexión é tamén unha das persoas máis activas nas sociedades galegas e españolas do Uruguai.

Durante a reunión celebrada o pasado mediodía, Santalices e Carballal intercambiaron experiencias de xestión e coincidiron na importancia de contar con sistemas institucionais sólidos que inspiren confianza e desprendan garantías xurídicas plenas como alicerces do desenvolvemento de calquera territorio. Posteriormente, Santalices mantivo un encontro co presidente da Junta Departamental de Maldonado, Alexander Infante.

O presidente do Parlamento de Galicia iniciou a súa visita a Uruguai cunha reunión con directivos e asociados do Centro Pontevedrés Social e Deportivo de Montevideo.

Pola mañá, antes de desprazarse a Punta del Este, Santalices visitou o Hogar Español de Ancianos de Montevideo, onde trasladou unha mensaxe de “afecto e agradecemento” ás e aos residentes “logo dunha vida de traballo na que contribuíron ao engrandecemento do país de adopción e consolidaron a imaxe dos galegos como un pobo nobre e traballador”.

Xa pola tarde, Santalices mantivo unha reunión de traballo co embaixador de España na República Oriental do Uruguai e visitou o Centro Ourensán de Montevideo.

Nas diferentes actividades, o presidente do Parlamento está acompañado pola delegada da Xunta de Galicia en Montevideo, María Elvira Domínguez Alonso, e polo historiador Ramón Villares, comisario da exposición sobre a historia do Parlamento de Galicia. 

Exposición en Montevideo
A exposición El poder de la palabra. Un recorrido por la historia del Parlamento de Galicia será inaugurada hoxe venres na sede do Poder Lexislativo do Uruguai. A mostra incorpora os mesmos contidos que a que quedou aberta ao público no Centro Galicia de Buenos Aires o pasado martes. 

Con esta iniciativa, o Parlamento de Galicia procura un dobre obxectivo: recoñecer a contribución da Galicia exterior ao proceso de creación e consolidación da autonomía, e tamén reforzar o coñecemento do modelo autonómico galego en dous países con elevada presenza de emigrantes galegas e galegos.

234 lecturas