O presidente do Parlamento agradece a “hospitalidade” coa que Uruguai recibiu á emigración galega

A sede do Poder Lexislativo da República Oriental do Uruguai acolle desde este venres a exposición “El poder de la palabra. Un recorrido por la historia del Parlamento de Galicia”.

En Montevideo presentouse, en 1945, o Consello de Galiza, como fideicomisariado da vontade popular expresada no plebiscito estatutario de 1936 e co obxectivo de dar continuidade ao proceso de institucionalización autonómica en Galicia. Unha copia do libro de actas do Consello pode contemplarse na mostra.

Santalices subliña que Galicia xestiona unha “autonomía avanzada” que sitúa á Comunidade Autónoma “entre os territorios con maior capacidade de autogoberno de Europa, pero con absoluta lealdade ao marco constitucional, plenamente integrados na Unión Europea e sempre atentos aos nosos vínculos  coa países irmáns da Iberoamérica”.

“Recalar con esta exposición en Montevideo resulta unha obriga e un privilexio cos que expresar o noso recoñecemento sincero á sociedade uruguaia e a todas as súas xentes”.

  • Imaxe da inauguración en Montevideo da mostra 'El poder de la palabra. Un recorrido por la historia del Parlamento de Galicia'
    Imaxe da inauguración en Montevideo da mostra "El poder de la palabra. Un recorrido por la historia del Parlamento de Galicia"

Listen to this page using ReadSpeaker
Montevideo (Uruguai), 16 de decembro de 2023.

A exposición El poder de la palabra. Un recorrido por la historia del Parlamento de Galicia quedou aberta ao público este venres na sede do Poder Lexislativo da República Oriental do Uruguai.

A inauguración da mostra correu a cargo do presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices Vieira, e do comisario da exposición, o catedrático emérito de Historia Contemporánea da USC, Ramón Villares. En representación do Poder Lexislativo participou Beatriz Argimón Cedeira, vicepresidenta de la República Oriental do Uruguai e presidenta da Asemblea  e do Senado; é neta de galegos. 

O acto tamén contou coa asistencia do embaixador de España en Uruguai, Santiago Jiménez Martín; a cónsul xeral de España, Mª Victoria Scola Pliego; a delegada da Xunta de Galicia en Montevideo, Elvira Domínguez; así como unha ampla representación da colonia galega asentada no país.

Santalices agradeceu o interese do Poder Lexislativo do Uruguai por acoller esta mostra na súa sede, evidencia da “irmandade inquebrantable entre Uruguai e España, Uruguai e Galicia, que vimos forxando desde o pasado; irmandade trenzada a partir de lazos históricos, culturais, económicos e de consanguinidade que nos unen”.

O presidente do Parlamento de Galicia agradeceu tamén a hospitalidade coa que a República Oriental do Uruguai recibiu aos emigrantes galegos e galegas que chegaron a aquelas terras buscando unhas oportunidades das que a Galicia de entón carecía. “Refírome -agregou Santalices- a homes e mulleres que en Uruguai, e en tantos outros países, protagonizaron unha auténtica epopea de múltiples dimensións, case todas heroicas. Por iso, o Parlamento de Galicia distinguiu cunha das súas primeiras medallas á emigración galega no seu conxunto”.

Como sinalou o presidente Lacalle de Herrera nun discurso pronunciado ante o Pleno do Parlamento de Galicia en 1992, “cando os homes pisaron a lúa, sabían moito máis do lugar que ían visitar que o que sabía o emigrante que ía cara América, cara o Río da Prata e cara á nosa terra”.

Esforzo, responsabilidade e capacidade de superación
Fronte a ese desafío, as galegas e galegos responderon -en palabras de Santalices- “como o noso pobo  viña facendo desde sempre: con esforzo, con responsabilidade e con capacidade de superación”.

Na súa intervención na sede do Poder Lexislativo uruguaio, o presidente do Parlamento de Galicia deixou constancia do agradecemento a aquel país “por ter facilitado a integración dos nosos paisanos e brindar o caldo de cultivo propicio para o crecemento de diferentes centros, entidades mutuais e asociacións que mantiveron viva a memoria de Galicia e que atenuaron a morriña que sempre nos acompaña”.

Santalices tamén subliñou as facilidades que Uruguai brindou ás e aos emigrantes e exiliados que despois da Guerra Civil española traballaron coa esperanza de implantar un réxime democrático en España. Puxo como exemplo que en Montevideo se presentou formalmente, o 15 de novembro de 1944, o denominado Consello de Galiza, como fideicomisariado da vontade popular expresada no plebiscito estatutario de 1936 e co obxectivo de dar continuidade ao proceso de institucionalización autonómica en Galicia. Unha copia do libro de actas do Consello pode contemplarse na mostra.

Pasado tempo, apuntou Santalices, “España protagonizou unha transición modélica, que nos levou da ditadura a unha democracia plena, equiparable coa dos países máis avanzados do mundo. E neste contexto, Galicia dotouse das súas propias institucións de autogoberno”.

Autonomía avanzada, leal ao marco constitucional
A “autonomía avanzada” que xestiona Galicia sitúa á Comunidade Autónoma “entre os territorios con maior capacidade de autogoberno de Europa, pero con absoluta lealdade ao marco constitucional, plenamente integrados na Unión Europea e sempre atentos aos nosos vínculos  cos países irmáns da Iberoamérica”.

Apuntou Santalices que para entender a Galicia actual cómpre volver a vista atrás e dirixila cara a “realidade poliédrica da emigración, que ten nesta cidade e neste país un dos seus epicentros referenciais”. Por iso, “recalar con esta exposición en Montevideo resulta unha obriga e un privilexio cos que expresar o noso recoñecemento sincero á sociedade uruguaia e a todas as súas xentes”.

A exposición está integrada por 24 paneis, un vídeo divulgativo e 16 vitrinas con documentación histórica e bibliografía relacionada co proceso de configuración da autonomía de Galicia.  

Outras actividades
Despois da inauguración, o presidente do Parlamento de Galicia participou en Montevideo nun xantar organizado pola Cámara de Comercio Española ao que asistiu o presidente da República. Luis Lacalle Pou.

O venres, a derradeira xornada da viaxe oficial, Santalices tamén visitou a sede de CUTCSA (Compañía Uruguaia de Transportes Colectivos Sociedade Anónima), unha empresa de raíces galegas que se encarga do transporte metropolitano en Montevideo e a súa área metropolitana. Foi fundada por José Añón Canedo, natural da Laracha, que chegou a Montevideo en 1920.

A última hora da tarde, Santalices visitou o Centro Galego de Montevideo para manter un encontro coa colectividade galega. O Centro Galego de Montevideo, fundado no ano 1879, está considerado como a institución galega máis antiga do mundo.

239 lecturas