Santalices fai votos por afianzar as “excelentes relacións” entre Galicia e Uruguai nun encontro co presidente da República, Lacalle Pou

  • Imaxe do encontro do presidente do Parlamento de Galicia co presidente da República Oriental do Uruguai
    Imaxe do encontro do presidente do Parlamento de Galicia co presidente da República Oriental do Uruguai

Listen to this page using ReadSpeaker
Montevideo (Uruguai), 16 de decembro de 2023.

O presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices Vieira, mantivo onte un encontro co presidente da República Oriental do Uruguai, Luis Lacalle Pou, co que compartiu un xantar organizado pola Cámara de Comercio Española naquel país.

Santalices agradeceu ao presidente uruguaio a hospitalidade coa que o país recibiu aos emigrantes galegos e galegas e congratulouse da plena integración da colonia galega no Uruguai, o mesmo que acontece coas e cos uruguaios radicados en Galicia.

O titular do Lexislativo galego convidou a Lacalle Pou a visitar a exposición sobre a historia do Parlamento de Galicia que este venres se inaugurou na sede do Poder Lexislativo do Uruguai.

Santalices fixo votos por “seguir avanzando nas excelentes relacións que manteñen Uruguai e Galicia” e puxo en valor a solidez das institucións e a democracia uruguaia.

218 lecturas