Rueda indica que a nova Estratexia galega de seguridade e saúde no traballo recollerá os novos riscos que é necesario afrontar e previr no mercado laboral

Indica que o Plan do Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia conta este ano con 7,5 M€ para formar a máis de 4.000 persoas e levar a cabo actuacións de asesoramento e sensibilización.

O Goberno galego traballa no obxectivo de previr os accidentes laborais ao máximo, reducilos ao mínimo e levar a cero a mortalidade.

  • O presidente da Xunta participou na clausura do XIII Congreso de prevención de riscos laborais en Iberoamérica
    O presidente da Xunta participou na clausura do XIII Congreso de prevención de riscos laborais en Iberoamérica

Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 2 de xuño de 2023.

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, indicou que a nova Estratexia galega de seguridade e saúde no traballo recollerá os novos riscos que é necesario afrontar e previr no mercado laboral. Na clausura do XIII Congreso de prevención de riscos laborais en Iberoamérica, na que estivo acompañado pola conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, o titular do Goberno galego incidiu na necesidade de actualizar os protocolos no eido laboral co obxectivo de previr os accidentes ao máximo, reducilos ao mínimo e levar a cero a mortalidade. 

Alfonso Rueda destacou que en Galicia se rexistraron o ano pasado 25.700 accidentes laborais, e aínda que o 98,2 % foron leves, o feito de que os houbera graves e mesmo mortais indica que é preciso tomar medidas, porque en cada sinistro “hai vidas en risco”. O titular do Goberno galego incidiu na necesidade de actualizar os protocolos tendo en conta que os modelos e o mercado de traballo mudan decotío. “Temos avanzado moito -indicou o presidente Rueda- pero aínda queda moito por avanzar”. 

Nos relatorios do congreso incidiuse en que na actualidade asístese a un punto de inflexión que obriga a incluír conceptos como a robotización, o teletraballo ou a hiperconectividade, pero tamén a perspectiva de xénero, a saúde mental ou as problemáticas particulares de sectores como o forestal ou o marítimo. 

No caso de Galicia estase a traballar na nova Estratexia galega de seguridade e saúde no traballo, que aborda os riscos derivados das últimas transformacións do mercado laboral. A maiores, a Xunta enviou ao Parlamento de Galicia a nova Lei de igualdade que recolle, entre outras novas, a necesidade de abordar a igualdade de xénero nas políticas de seguridade e saúde no traballo. 

O Goberno galego destina este ano uns 7,5 millóns de euros á execución do Plan do Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia, co que se formará a máis de 4.000 persoas, realizaranse actuacións de asesoramento e sensibilización e se promoverá a redución de accidentes laborais. 

Alfonso Rueda agradeceu aos participantes no congreso as súas achegas para aplicar no eido laboral políticas de prevención intensivas, transversais e actualizadas coa finalidade de construír entre todos unha sociedade máis segura. “O benestar das persoas pasa tamén pola prevención”, subliñou.
 
167 lecturas