Rueda enxalza á comunidade galega na diáspora como os embaixadores de Galicia para as futuras xeracións

O programa ‘Reencontros con Galicia’ facilita que cidadáns de máis de 65 anos residentes no territorio americano poidan visitar Galicia e reconectar coas súas orixes.

Resalta que grazas á ‘Estratexia Galicia Retorna’, Galicia é unha rexión pioneira en políticas de retorno e que á vez retribúe a quen nunca deixou de sentirse galego a pesar de estar lonxe das súas orixes.

Apunta ao Camiño de Santiago como o mellor embaixador de Galicia para conectar coa mocidade do exterior.

  • Rueda enxalza á comunidade galega na diáspora como os embaixadores de Galicia para as futuras xeracións

Listen to this page using ReadSpeaker
Bos Aires (Arxentina), 8 de marzo de 2025.

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, enxalzou onte o papel da comunidade galega na diáspora como embaixadora de Galicia para as futuras xeracións.

Durante o acto de entrega dos diplomas aos participantes do programa Reencontros con Galicia, o titular do Goberno galego,  acompañado polo conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, recalcou que Galicia é un referente no retorno e na integración de emigrantes e que a Estratexia Galicia Retorna non só é unha política de retorno, senón de recoñecemento e unha retribución a quen nunca deixou de sentirse galego a pesar de estar lonxe dos seus orixes.

O programa Reencontros con Galicia unha iniciativa contemplada dentro da Estratexia Galicia Retorna que ten como obxectivo facilitar que cidadáns de máis de 65 anos residentes no territorio americano poidan reencontrarse coas súas raíces galegas e explorar a paisaxe e os enclaves máis emblemáticos da xeografía de Galicia. Nesta edición, un total de 200 participantes -dos cales 85 eran de Arxentina- puideron desfrutar da experiencia. 

Ao remate da súa intervención, Rueda agradeceu aos participantes e ás distintas entidades a súa colaboración no programa e recordando que Galicia sempre será a súa terra. Neste sentido, o presidente remarcou as oportunidades e apoios que ofrece a comunidade galega para aqueles que desexen retornar.

A importancia do Camiño de Santiago.

Posteriormente, o presidente acudiu ao Club Español de Bos Aires para facer entrega dos certificados da iniciativa Conecta con Galicia e as Compostelas aos beneficiarios do programa Conecta co Camiño.

O Camiño de Santiago é desde hai séculos o mellor embaixador de Galicia e grazas a  este programa, 60 mozos participaron para coñecer de primeira man a experiencia da peregrinaxe a Santiago. Nesta liña, Rueda lembrou que o Camiño de Santiago é unha vía de intercambio cultural, de crecemento persoal e de proxección internacional de Galicia e que cada itinerario é unha testemuña de hospitalidade, riqueza patrimonial e natural e o espírito fraternal de Galicia.

O presidente recalcou que este proxecto non só fortalece a identidade de Galicia, senón que abre as portas a novas oportunidades de desenvolvemento e agradeceu aos participantes o seu compromiso coa tradición e coa sustentabilidade, animando a seguir traballando de forma conxunta para que o Camiño continúe sendo o lazo que une a Galicia co resto do mundo.

Rueda animou aos participantes nestes dous programas da Xunta a que se sigan sentindo “orgullosos de ser arxentinos e galegos, que é unha combinación gañadora” e tamén a “lanzar a imaxe ao mundo de que hai un universo galego que está en todas partes e que é imparable”.

379 lecturas