Rueda garante aos galegos e galegas do exterior que teñen as portas de Galicia abertas para retornar e emprender na terra das súas orixes

Convídaas e convídaos a aproveitar as oportunidades que lles ofrece o Goberno galego para formarse, emprender ou asentarse na terra dos seus avós e avoas.

Recalca que A Arxentina é “o país do mundo con máis galegos”, xa que residen unhas 180.000 persoas con raíces na Comunidade.

No segundo día da súa estadía na capital bonaerense, inaugura a exposición "Iacobus gaudet. Los Caminos de Santiago en Galicia", e asiste ao inicio da Semana do Camiño en Bos Aires.

  • O presidente da Xunta reuniuse coas directivas das entidades galegas na Arxentina
    O presidente da Xunta reuniuse coas directivas das entidades galegas na Arxentina

Listen to this page using ReadSpeaker
Bos Aires (A Arxentina), 15 de outubro de 2022.

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, garantiu aos galegos e galegas do exterior que teñen as portas abertas para retornar e emprender na terra das súas orixes, unha oferta que reiterou nun encontro coas directivas das entidades galegas na Arxentina coas que compartiu velada na súa viaxe oficial a América do Sur.

Alfonso Rueda recalcou que a Arxentina “é o país do mundo con máis galegos”, xa que residen alí unhas 180.000 persoas con raíces na Comunidade. Por iso, indicou que entendía a cidade de Buenos Aires “como unha continuidade de Galicia”, tendo en conta os 41 centros galegos dedicados á difusión cultural na Arxentina.

O presidente da Xunta reencontrouse coas entidades galegas na Arxentina nun acto celebrado na sede da Asociación Benéfica Cultural del Partido de Corcubión, onde chegou con dúas mensaxes das e dos galegos: unha de “agarimo” polo labor que fixeron no desenvolvemento de Galicia, e outra de “apoio” en relación ás iniciativas postas en marcha polo Goberno galego para axudar ás familias da emigración en todo o que precisen.

Nese sentido, animou a emprender o retorno a todas e todos aqueles que desexen construír unha nova experiencia vital na terra das súas raíces facendo uso das oportunidades habilitadas polo Goberno galego, ben para formarse -coas bolsas BEME para estudar un mestrado ou as bolsas Retorna Mocidade FP-, para emprender -con incentivos para a apertura dun negocio- ou para asentarse -con axudas mesmo para abonar un alugueiro-. 

Alfonso Rueda agradeceu o labor dos colectivos que durante décadas miraron polo futuro da terra da que partiron e que agora tamén coidan das familias procedentes de Galicia que máis o precisan na Arxentina, cunha mención especial á entidade anfitrioa, a Asociación Benéfica Cultural Partido del Corcubión, presidida por Carlos Ameijeiras, que cumpriu cen anos de actividade no mes de agosto.

O Xacobeo na Arxentina 
Na súa estadía en Buenos Aires, Rueda tamén asistiu á inauguración da exposición Iacobus gaudet. Los Caminos de Santiago en Galicia, e ao inicio das actividades da Semana do Camiño en Bos Aires.

A mostra consta de 46 fotografías, carteis e un audiovisual do fotógrafo Manuel Valcárcel, e polo que respecta á semana de actividades co Camiño como eixo, consta dun ciclo de cine e conversas sobre o fenómeno do Xacobeo.

Ambas as dúas iniciativas encádranse nos actos de difusión do Camiño de Santiago para dar a coñecer o carácter acolledor da e do galego e o espírito universal do Xacobeo coincidindo coa celebración do primeiro Ano Santo dos tres que se van celebrar nun decenio.

  • Audio: Declaracións do presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda | Descargar
245 lecturas