Rueda enxalza a comunidade galega na diáspora como a mellor embaixadora para manter os vencellos de Galicia coas novas xeracións nacidas no exterior

Máis dun cento de persoas emigradas, maiores de 65 anos, puideron visitar os seus lugares de orixe grazas a este programa do Goberno galego.

  • O presidente da Xunta mantivo en Santiago un encontro con participantes no programa Reencontros con Galicia
    O presidente da Xunta mantivo en Santiago un encontro con participantes no programa Reencontros con Galicia

Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 18 de outubro de 2023.

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, enxalzou hoxe o papel da comunidade galega na diáspora por ser a mellor embaixadora para manter os vencellos de Galicia coas novas xeracións que xa naceron no exterior. “Sodes xente traballadora e sacrificada, como somos os galegos en todas partes, e os ollos de Galicia e cando a xente vos ve, está vendo un cacho de Galicia en cada un dos vosos países e estamos moi agradecidos”, asegurou Rueda nun encontro en Santiago de Compostela con máis dun cento de participantes no programa do Goberno galego Reencontros con Galicia.

O mandatario galego, que estivo acompañado polo secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, destacou que esta iniciativa dálles a oportunidade de visitar Galicia durante dez días a persoas maiores de 65 anos, que naceron na nosa comunidade e que emigraron a outros países, como A Arxentina, O Uruguai, Cuba ou O Brasil. Así, salientou a “emoción” que provoca este programa ao traer a xente que “desde que marchou nunca puido volver ou que volveu algunha vez pero levaba moito tempo sen estar aquí outra vez”.

Rueda puxo en valor este programa que lles permite a estas persoas volver atoparse coas súas raíces e familiares, á vez que, para moitas e moitos deles, descubrir unha Galicia diferente á que deixaron cando emigraron. “Se Galicia mellorou durante todos estes anos é grazas a vós, que saístes cando todo era moito máis difícil e traballando alí mandastes o que fixera falta aquí para que as cousas melloraran e avanzáramos”, asegurou.

O presidente da Xunta incidiu no papel desenvolvido na diáspora pola colectividade emigrada polo mundo e asegurou que a Xunta seguirá desenvolvendo programas deste estilo para que “cando esteades en cada país onde vivides lle digades a todos o que é este país, o que significa, o que vos quere; porque se Galicia é o que é, é grazas a vós”, asegurou.

127 lecturas