Rueda e Camba participan xunto a máis de 2.000 persoas membros da colectividade na Gran Romaría Galega de Uruguai

A Xunta asina colaboracións coa Casa Galicia e coa Asociación Española Primera de Socorros Mutuos para a prestación sociosanitaria aos emigrantes galegos e galegas e os seus descendentes.

  • Alfonso Rueda e Santiago Camba na súa visIta á sede da Asociación Española Primera de Socorros Mutuos de Montevideo.
    Alfonso Rueda e Santiago Camba na súa visIta á sede da Asociación Española Primera de Socorros Mutuos de Montevideo.
  • Rueda e Camba ás portas da a Casa Galicia en Montevideo.
    Rueda e Camba ás portas da a Casa Galicia en Montevideo.
  • O conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, Alfonso Rueda, na Gran Romaría Galega de Uruguai.
    O conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, Alfonso Rueda, na Gran Romaría Galega de Uruguai.
  • O conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, Alfonso Rueda, na Gran Romaría Galega de Uruguai.
    O conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, Alfonso Rueda, na Gran Romaría Galega de Uruguai.
Listen to this page using ReadSpeaker
12 de marzo de 2012.

O conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, Alfonso Rueda, e o secretario xeral da Emigración, Santiago Camba, participaron onte no Centro Gallego de Montevideo na Gran Romaría Galega, na que tomaron parte máis de 2.000 emigrantes galegos e galegas os seus descendentes, nunha cita que se repite cada ano por estas datas na capital uruguaia.

Unha vez rematada a romaría, Rueda e Camba desprazáronse a Bos Aires, onde remataron a súa viaxe a Arxentina e Uruguai desta fin de semana asistindo a unha misa na Catedral da capital arxentina organizada pola colectividade galega en honor do ex presidente da Xunta Manuel Fraga.

Con anterioridade, en Uruguai, Rueda e Camba visitaron a Casa Galicia en Montevideo, coa que a Secretaría Xeral da Emigración asinou un convenio de colaboración para garantir a asistencia sanitaria e socioasistencial básica ás persoas galegas e aos seus descendentes que se atopan nunha situación de carencia de ingresos e que non poden afrontar este tipo de gastos.

Tamén para o desenvolvemento dun programa de atención sociosanitaria aos galegos e galegas de Montevideo e aos seus descendentes a Xunta asinou un convenio coa Asociación Española Primera de Socorros Mutuos de Montevideo, cuxas instalacións tamén visitaron onte o conselleiro de Presidencia e o secretario xeral da Emigración.

La Española é a institución hospitalaria privada máis importante de Uruguai, funciona como unha mutua e conta con arredor de 25.000 socias e socios galegos. O obxectivo do convenio asinado hoxe é colaborar no financiamento daquelas persoas galegas mutualistas e os seus descendentes que se atopen en situacións de carencia, tendo en conta criterios como a súa idade e a súa situación económica.

1026 lecturas