O Centro Lalín, Silleda y Agolada de Bos Aires celebra o seu 29º aniversario

Listen to this page using ReadSpeaker
23 de agosto de 2011.

Case trinta anos pasaron dende a creación no verán de 1982 da unión dos centros municipais de Lalín, Silleda e Agorada de Bos Aires nunha única entidade. O centro, aglutinou no seu momento Hijos del Partido de Lalín, Unión del Partido de Lalín, Hijos de Silleda e Hijos de Agolada y sus contornos. A sociedade que preside o lalinense Marcial Sánchez reuniu nunha comida distintas autoridades e representantes de colectivos da emigración galega en Arxentina para conmemorar o seu aniversario.

Durante estas décadas o colectivo alcanzou preto de 1.500 socios, e converteuse nunha das sociedades máis grandes da colectividade galega na capital bonaerense, exceptuando o Centro Galego e o Centro Galicia. A sociedade podería crecer aínda máis, en caso de lograr aglutinar tamén aos Hijos del Ayuntamiento de Carbia, hoy Vila de Cruces, e aos de Rodeiro. Fora o reto lanzado polo alcalde lalinense José Crespo, cando en outubro do ano 2008 visitou Bos Aires para celebrar o centenario de Hijos del Partido de Lalín, fundado en 1908, ao igual que Hijos de Silleda. Pero pasados tres anos, non houbo ningún avance nese sentido.

En imaxes
1056 lecturas