O delegado da Xunta en Bos Aires destaca a promoción das tradicións e cultura de Galicia na visita á mostra Xacobea no Centro Lalín, Agolada e Silleda

Imaxe da visita do delegado da Xunta de Galicia en Bos Aires á mostra que se exhibe no Centro Lalín, Agolada e Silleda
Imaxe da visita do delegado da Xunta de Galicia en Bos Aires á mostra que se exhibe no Centro Lalín, Agolada e Silleda
Listen to this page using ReadSpeaker
Bos Aires (Arxentina), 30 de maio de 2024.

O delegado da Xunta en Bos Aires, Alejandro López Dobarro, realizou un percorrido pola mostra Xacobea, unha exposición de fotografías de Ramón Valcárcel, que se exhibe no salón principal do Centro Lalín, Agolada e Silleda. A sede acolle numerosas actividades sociais, culturais e gastronómicas, sendo un dos grandes referentes da gastronomía galega en Bos Aires.

Situada a poucos metros do Congreso da Nación e en plena zona céntrica da cidade, a casa recibe centos de comensais cada semana, consolidándose como un punto de encontro para a comunidade galega e para as e os amantes da cultura e a cociña galegas. O presidente do Centro, José González Costa, destacou a importancia desta mostra e o compromiso da institución coa promoción das tradicións e cultura de Galicia.

535 lecturas